Burela, 7 de xuño de 2013. Dende a Delegación de Mar e Medio Ambiente do Concello de Burela e o Arquivo da Confraría de Pescadores de Burela organizáronse varias actividades para conmemorar o Día Mundial dos Océanos.
Hoxe, 7 de Xuño, de 8:30 a 11 da mañá alumnos de 4º da ESO e 4º PDC do IES Perdouro, acompañados por dúas profesoras, persoal da Confraría, persoal do Concello e de Balbino, un experimentado home de mar coñecedor experto do litoral burelés, procederon á limpeza da ribeira, dende a zona coñecida como Os Tornos ata O Perdouro.
Trala entrega da camiseta conmemorativa do Día Mundial dos Océanos, que este ano ten por lema El cuidado de los océanos, juntos podemos hacer diferencia, o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, saudou aos participantes, agradeceulles a súa implicación e lembrou a importancia da celebración dunha data tan significativa coma esta: “en Burela somos conscientes da riqueza económica que xera a actividade pesqueira e da necesidade de contribuír a manter en óptimas condicións os ecosistemas mariños”.
O patrón maior da Confraría de Pescadores, Basilio Otero, que colaborou activamente nesta iniciativa subliñou a importancia de poñer en valor o noso patrimonio litoral, “esta é unha actividade para concienciar á xente e tamén unha nova experiencia para coñecer a ribeira e valorala” e destacou “a colaboración desinteresada e moi enriquecedora de Balbino, que compartiu os seus coñecementos da zona e relatou anécdotas acaecidas na ribeira”.
A concelleira de Mar e Medio Ambiente, Patricia López, indicou que “trala limpeza contabilizáronse en total 12 sacos de lixo (envases de plástico, latas, restos de prendas e calzado, boias…) e 12 neumáticos”. E tamén recalcou que “é importante respectar os ecositemas mariños, xa que os océanos funcionan como pulmóns do planeta, son fonte de alimento e menciñas, e parte fundamental da biosfera. Por outro lado, hai que diminuíla presión á que están sometidos pola actividade de carácter antrópico, ben sexa a sobre explotación dos recursos ou a contaminación do medio mariño”.
Barco da Xunta
E un grupo de nenos e nenas do colexio Vista Alegre visitaron esta mañá no porto burelés o barco da Xunta Paio Gómez Chariño. A administración galega realizou unha xornada de portas abertas en distintos peiraos galegos para que os barcos de gardacostas puidesen ser visitados e coñecidos. Os nenos estiveron acompañados polo alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e pola concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



