![]()
José Manuel Lamela.- Quero aproveitar a oportunidade para dirixirme aos lectores e, moi especialmente aos veciños do Valadouro e insistir no agradecemento sincero a todos eles pola oportunidade que tiven durante estes dous últimos anos de ser o seu alcalde. O seu apoio nas urnas fixeron da candidatura do PP, da que son cabeza de lista, a forza política máis votada.
Deben saber que ademais dunha intensa honra –quizá a máis grande que un político pode ter, ser o rexedor do seu municipio de nacemento– intentei desenvolver a responsabilidade de alcalde con absoluta dedicación, con entrega incondicional, moitas veces quitándolle tempo a miña familia. E deixo de ser alcalde coa satisfacción do deber feito, e coa confianza de que o estaba facer para legar un Valadouro mellor.
Eu respecto o xogo de maiorías e asumo a miña próxima responsabilidade liderando unha oposición que non dará tregua, pero que será leal, e que ante todo respecta e asume os principios básicos dunha democracia, que quizá puido verse empañada por pactos alleos á política e condicionamentos de tipo económico que non deixaremos de cuestionar.
Para min, e para os meus compañeiros de partido, aos que tamén quero dar as gracias polo seu apoio, e aos que emprazo a seguir traballando por este concello, o Valadouro sempre foi o primeiro. A razón pola que loitar cada día, o motivo que me levou a comprometerme politicamente e petar na porta das distintas administracións na procura do mellor para os meus veciños.
O novo bipartito recibe un concello saneado, na súa economía e con moitos proxectos que viron a luz. Herdan 360.000€ de remanente de Tesouraría e 150.000€ de superávit. A día de hoxe o nivel de endebedamento municipal é cero, non hai créditos ou débedas pendentes e todas as facturas se pagan aos 30 días. Nestes dous anos promovemos obras como a pista de andadura, a segunda fase do saneamento na parroquia de Moucide -que xa ten cerrada unha terceira fase- ou a remodelación da praza Triana. Queda, só pendente da aprobación final do pleno, o impulso ao noso polígono industrial.
Toca poñer un punto e seguido. Coa esperanza posta no futuro, onde seguiremos traballando e dando a cara por Valadouro. E onde esperamos volver a ter a confianza dos veciños. Que ningún teña dúbidas: este concello é o primeiro e está por riba de persoas, ou pactos. O Valadouro por riba de todo.
José Manuel Lamela
Ex-alcalde do Valadouro





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



