O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA dará comezo á campaña para reclamar un carril-bici o vindeiro sábado día 15 de xuño. Ese día, ás 12 da mañá, convoca unha primeira Biciconcetración no Paseo Marítimo, diante do Parque de Cantarrá. Alí darase lectura ao manifesto que será espallado entre a veciñanza para recoller sinaturas de apoio á proposta de deseño e construcción dunha infraestrutura para a circulación de bicicletas que conecte a Vila con distintas parroquias do concello.
O colectivo mantivo xa unha primeira reunión con asociacións de Viveiro e seguirá recollendo nos vindeiros días ideas e propostas para facer chegar ás Administracións Públicas —Concello, Xefatura de Costas e Grupo de Portos— a reclamación dunha primeira ciclovía para un concello onde tanto se ten investido en paseos marítimos e fluviais e que non conta nin cun só metro de carril-bici.
O Colectivo convoca ás persoas que participen neste primeiro acto para que acudan a esta biciconcentración coa súa bicicleta.
Queremos un Biveiro con B de Bici.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



