A Deputación de Lugo puxo en marcha este sábado a segunda xornada do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais logo do éxito de participación acadado onte, con prestixiosos profesionais e visitantes de toda España que encheron o Salón de Actos da institución, e de seguimento en Internet, tanto coa súa retransmisión en directo en www.deputacionlugo.org grazas ós alumnos da Fundación TIC, como coas múltiples mencións sobre a celebración desta iniciativa en Lugo nas principais redes sociais, facendo que este encontro fose un escaparate único para a proxección exterior da provincia. Segundo datos obxectivos, procedentes das analíticas da Rede, a iniciativa do organismo provincial, sen precedentes en Galicia, rexistrou máis de 2.500 tweets co hashtag InLugo, unha audiencia de 700.000 usuarios e 5 millóns de impresións. O congreso #InLugo foi un dos temas máis recomendados en Twitter, sendo trending topic a nivel nacional en algúns momentos xunto a Rafa Nadal. En Instagram hai preto de 200 fotos que, ademais de falar do congreso, promocionan Lugo. A nivel cualitativo, este encontro sumou mensaxes moi positivas na Rede sobre o desenvolvemento de cada unha das mesas, así como de aspectos asociados coa organización, por exemplo, a dotación de acceso libre á wifi nas instalacións provinciais.
Emprendedores lucenses
O Director de Fondos Europeos da Deputación, Pablo Rivera, deu o pistolezado de saída á xornada deste sábado coa presentación de empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa provincia, realizados en Lugo e para o mundo. Deste xeito, Kenia González, socia fundadora de Sientegalicia.com, presentou este portal online de venda de escapadas, vacacións e ocio, especializado na Comunidade galega. Dende este espazo, ofrécense experiencias diferentes, a bos prezos e coidadosamente seleccionadas para satisfacer ós clientes máis esixentes. Kenia destacou que con formación supéranse todos os obstáculos e confesou que Sientegalicia compite xa cos máis grandes, por exemplo, Tripadvisor ou El Corte Inglés. Eliseo Real, Verónica Vilar e Alba Vilar mostraron a súa particular ollada da provincia con LugOtea. Trátase dunha guía de turismo online, vinculada á cidade de Lugo e a súa provincia, que mostra os encantos desta terra: lugares de obrigada visita, bares, restaurantes, monumentos, eventos, artistas, museos e ata negocios singulares. Estes tres mozos lucenses remarcaron que é necesario valorar o que temos na casa sen buscar fóra o que xa temos. Tamén se presentou Inteligencia Visual da man do seu xerente, Juan Carlos Araujo. É unha empresa de base tecnolóxica cuxa misión é fomentar o uso das novas tecnoloxías entre os distintos sectores da poboación. Ademais, adícase ó desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas, canles de comercialización online, programas de xestión e seguridade na rede. Juan Carlos Araujo adiantou en exclusiva que este ano Inteligencia Visual vai a presentar un novo videoxogo para todo tipo de dispositivos móbiles e PlayStation logo do éxito acadado co anterior.
Francisco Polo
Un dos protagonistas deste sábado foi Francisco Polo, director para España de change.org, que explicou algunha das campañas sociais con maior éxito levadas a cabo. Por exemplo, a dunha muller vítima de violación ou unha nai que perdeu a súa filla no Madrid Arena. “Animo a todos las personas a ser inspiradoras para otras porque los grandes cambios vienen de pequeños actos”, destacou. Francisco Polo defínese como un emprendedor social, traballando para quen máis o necesita, empregando as súas capacidades para rematar coas inxustizas e creando as ferramentas necesarias para apoderar ó maior número de persoas para que elas mesmas poidan facer o mesmo. A súa conciencia social, os seus coñecementos sobre estratexia online e a súa capacidade de xestión, fixo que Francisco Polo fundase Actuable, unha plataforma para iniciar e gañar campañas de cambio social. Do éxito de Actuable falan as cifras: ó ano e medio do seu lanzamento xa contaba con 2.500.000 de usuarios rexistrados, converténdose na start-up de máis rápido crecemento e en toda unha revolución no activismo. Grazas a esta plataforma, Francisco Polo recibiu o Premio Jóvenes Emprededores Sociais. Posteriormente, en setembro de 2011, Actuable e Change.org acadaron un acordo para unirse e crear a maior plataforma de acción social online do mundo. Dende entón, este profesional confesa facer o que sempre desexou: “cambiar, literalmente, o mundo”.
Máis recoñecidos profesionais
Tras a intervención de Francisco Polo, outros recoñecidos profesionais no sector dixital e marketing online participaron na mesa redonda Marca y estrategia en Internet. Vilma Núñez (@Vilmanunez) de Muwon; María Feijoo (@mfeijoo) de Antevenio; Ramón Puchares (@madclimber) de Unidad Editorial; e Rafa Osuna (@RafaOusna) de Tuidon. #InLugo continuará ás 16:30 horas con Lo bueno, si es breve…10 ponencias de 15 minutos a cargo de Juan García (@blogoff), formador TIC e empresario; Óscar Reboiras (@quecheparece), comunity manager de R; Javier Pedreira (@wicho), cofundador de Microsiervos; Jacobo Lázare (@jacobo¬_lazare), de Disco Azul; Alfonso Alcántara (@yoriento), experto en coaching y empleo 2.0; Pablo Herreros (@pabloherreros), periodista, comunicador e profesional Social Media; Clara Grima (@ClaraGrima), profesora titular da Universidade de Matemática Aplicada de Sevilla; Victoriano Izquierdo (@victorianoi), fotógrafo; Rixar García (@taxioviedo); e Victor Grande (@vitorgrande), cómico 2.0.
Premios InLugo
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, clausurará este I Congreso de Cultural Dixital e Redes Sociais ás 20:00 horas coa entrega dos Premios #InLugo, coas que a institución provincial premia iniciativas, persoas ou organizacións que destacan no bo emprego de Internet e as novas tecnoloxías. Entre as preto de 40 candidaturas presentadas, os gañadores son os seguintes: Adega Vía Romana, El Faro de los Tres Mundos, Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, Lucense Enfurecido Intelixencia Visual.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



