Rapazas e rapaces que forman parte da Fundación “Eu Son” de Burela visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia onde tiveron a oportunidade de coñecer as principais estancias da sede do lexislativo galego. Acompañados dos seus monitores foron recibidos polo secretario da Cámara galega, o tamén veciño da Mariña, José Manuel Balseiro, e aproveitaron a súa estancia no Salón de Plenos para facer unha fotogaría de grupo. Estes adultos con necesidades especiais amosáronse encantados coa visita tras coñecer as as salas de reunión dos distintos grupos parlamentarios, o salón dos Reis -onde ten lugar a toma de posesión do Presidente da Xunta e dos altos cargos da comunidade autónoma galega-, o salón de plenos e a biblioteca, que alberga máis de 40.000 exemplares de distintas obras impresas.





















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



