Cervo, 10 de xuño de 2013-A Concellería de Deportes, que dirixe Luis Guillén, leva varias semanas traballando na posta en marcha das piscinas descubertas de Río Covo de cara á temporada estival. Para iso foi necesario baleirar os vasos, limpalos e reparar aqueles elementos que se atopaban en mal estado como foi o caso dalgunha baldosa do borde da piscina e de azulexos do fondo, que foron substituídos por outros novos. Unhas tarefas de acondicionamento que xa foron realizadas.
Así, nestes momentos o Concello xa se atopa na fase de enchido das piscinas e de tratamento da auga para a súa posterior posta en servizo, previa á cal Sanidade fará as correspondentes inspeccións. A intención do Concello é poder abrir as piscinas a principios do mes de xullo.
Ao mesmo tempo, tamén se realizaron traballos de mellora noutras instalacións do complexo deportivo de Río Covo, como é o caso das canchas de tenis, onde se efectuaron tarefas de limpeza e está previsto cambiar as redes que dividen as pistas.
Uns traballos que van dirixidos a “preparar unhas instalacións moi completas, que durante a temporada de verán acollen a numerosos usuarios e que ademais amplían e fan máis atractiva a oferta deportiva do municipio” remata Guillén.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



