A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, xunto ó xornalista especializado en Economía Julián Rodríguez Moscoso, presentaron este luns o ciclo de debates Galicia en clave económica, unha serie de 5 encontros abertos a todo tipo de público e de participación gratuíta, nos que unha vintena de expertos galegos no ámbito económico, laboral, empresarial, académico e financeiro “farán unha análise rigorosa e profunda da situación socioeconómica na que se encontra actualmente o noso país, e, dando un paso máis, poñerán enriba da mesa alternativas, solucións; ofrecerán un pouco de luz nesta encrucillada na que nos atopamos”, subliñou García Porto.
Os debates terán lugar entre este mes e o de decembro no Salón de Actos da Deputación. O primeiro celebrarase o vindeiro día 19 de xuño, ás 19:30 horas, baixo o título En busca dun modelo, e contará coa participación de Fernando González Laxe, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e ex Presidente da Xunta; Emilio Pérez Nieto, presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, que agrupa a 50 firmas que sumaron en 2012 un volume de facturación de 7.600 millóns de euros, o que supón o 16% do PIB galego, e teñen 48.000 empregados; Xoán Carmona Badía, Catedrático de Institucións Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, un perfecto coñecedor do desenvolvemento do mundo empresarial galego; e Marcelino Fernández Mallo, consultor e socio director de Sphenia, unha consultora empresarial galega que tamén traballa para fóra, e que coñece os problemas e solucións que poden ter as empresas no ámbito da expansión internacional.
O obxectivo é analizar as potencialidades sen desenvolver da economía galega, os sectores emerxentes e as apostas decididas para consolidar un modelo produtivo. “Trataremos de responder se Galicia ten un modelo económico: o naval, a agroalimentación, a enerxía, unha mestura de sectores…”, apuntou Rodríguez Moscoso.
O seguinte foro organizarase para setembro e abordará o papel dos sectores público e privado ante a crise; mentres que os tres restantes afondarán nas posibles saídas do paro e os xacementos de emprego; as fortalezas e debilidades do sector primario, e o novo mapa bancario e o acceso ó crédito.
A Deputación de Lugo e Economía Dixital, coa colaboración do Grupo El Progreso, organizan o ciclo de debates Galicia en clave económica, “que consideramos moi interesante porque non se limitan a analizar a situación actual da que partimos, algo sen dúbida moi importante, senón que irán máis alá: ofrecerán alternativas, solucións, algo que vemos moi urxente ante o escenario de confusión que leva consigo a dureza e a persistencia desta crise”, destacou a Deputada de Economía.
Pola súa banda, Julián Rodríguez Moscoso, redactor de Economía Dixital, considerou “fundamental que o sector público e privado se poñan de acordo e poidan sacar adiante este tipo de actuacións, que cremos que son de interese para todo o mundo porque abrimos o debate á sociedade neste momento de especial virulencia da crise e porque levamos 5 anos, e non temos data para o final desta situación”. O periodista lembrou que a “gran acollida e o tipo de preguntas” que o público formulou durante a presentación do último libro do xornalista José Luis Gómez, Cómo salir de esta, que tivo lugar na Deputación o pasado mes de xuño, foi o xerme deste ciclo de debates que arrancarán o vindeiro día 19 de xuño.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



