A MARIÑA .- O Observatorio da Mariña pola Igualdade ven de facer un comunicado no que esixe a implicación dos gobernos galego e central para que o ERE da Cerámica de Sargadelos non supoña a perda de ningún posto de traballo. A asociación feminista denuncia que as administracións obvian o impacto específico que a crise económica e financeira está a ter sobre as mulleres, xa que mentres inxectan cartos en sectores masculinizados como a construción ou a automoción, deixan de lado outros sectores feminizados ou industrias como a Cerámica de Sargadelos, con máis dun 70% de traballadoras
NOTA DE PRENSA.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade ten entre os seus obxectivos dar a coñecer as problemáticas que afectan de forma específica ás mulleres da comarca, enfocando a realidade da nosa contorna desde unha perspectiva de xénero que teña en conta as particularidades coas que mulleres e homes vivimos cada situación social.
Ante a comunicación da apertura dun expediente de regulación de emprego na Cerámica de Sargadelos (Cervo), o Observatorio da Mariña pola Igualdade manifesta:
· A Cerámica de Sargadelos ten 126 persoas contratadas, das cales 116 están afectadas polo ERE. Desas 116 persoas afectadas, 83 son mulleres (máis do 70% do cadro do persoal). Esta industria contribúe visibelmente ao empoderamento das mariñás, permitíndolle ás mulleres gozar dunha independencia económica que redunda nunha maior autonomía nas súas vidas. Ademais, da empresa destaca que desde os últimos anos conta cun convenio laboral que facilita a todas as persoas contratadas a conciliación da súa vida persoal e laboral.
· A apertura dun expediente de regulación de emprego nesta empresa supón un grave prexuízo para cada unha das traballadoras e traballadores afectados. Abofé, esta medida afectará á situación laboral global das mulleres da comarca, incrementando o número de paradas e de mulleres que perden independencia económica. Isto ven a empeorar aínda máis as cifras da feminización do paro que temos na Mariña (os datos do Instituto Galego das Cualificacións correspondentes ao mes de febreiro reflicten que das 4.022 persoas desempregadas na comarca, 2296 eran mulleres e 1785 homes).
· Por todo isto, apoiamos as traballadoras e traballadores da empresa e solicitamos ás administracións que apoien de forma clara o mantemento dos postos de traballo e viabilidade da empresa con medidas de apoio.
· Denunciamos a falta de medidas desde as administracións para impulsar o emprego feminino e para protexer os colectivos desempregados máis vulnerábeis, entre os que se atopa o feminino. De igual xeito que se poñen en marcha medidas contra a crise para asegurar as prestacións ou para apoiar o emprego en determinados sectores a través da inxección de capital (como por exemplo nos sectores masculinizados da construcción e da automoción), deben tamén porse en marcha medidas positivas para aqueles sectores feminizados, o que inclúe na nosa comarca ao sector servizos (en especial a hostelaría e o comercio), así como algunha industria como a Cerámica de Sargadelos.
AS ADMINISTRACIÓNS DEBEN GARANTIR QUE NON SE PERDA NIN UN SÓ POSTO DE TRABALLO NA CERÁMICA DE SARGADELOS.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



