Co desexo de agasallar a tódolos seus clientes e amigos, a Pastelería – Cafetería Anduriña celebrará entre os días 14 e 16 de xuño, a súa “I Festa da Empanada”, que consistirá en pinchos de empanada de corenta tipos diferentes: de ortigas con gambas, carne de tenreira ó cabrales, touciño entrefebrado con queixo e chourizo, polo con patacas fritidas, polo con cogomelos, polbo con gambas, etc., e tamén se farán descontos do 10% a tódolos clientes que neses días merquen empanadas tanto por pezas enteiras como por racións. O venres 14 tamén se inaugurará unha exposición fotográfica que levará por título “Riquezas paisaxísticas da Mariña de Lugo” de Xesús do Breogán, que con carácte didáctico, mostra tódolos lugares emblemáticos da costa de Lugo: o Salto do Coro e a Fervenza de Mondoñedo, Santo Estevo do Ermo en Barreiros, praia das Catedrais en Ribadeo, O Pozo de Ferida en Xove, os eucaliptos de Chavín en Viveiro, Paseo dos Namorados en Sargadelos, etc. A exposición, que conta cun total de 48 fotos, irá acompañada doutras oito fotos dos monumentos máis emblemáticos da Mariña.




















A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



