Catro escolares de Lourenzá resultaron premiados na fase provincial do certame das Letras Galegas 2013, cuxa temática era A toda máquina. Os galardoados son María Sánchez Villalba, co segundo premio na categoría A de debuxo; Jerom Moirón Trigo, con accésit na categoría A de narración; Javier Álvarez Méndez, co segundo premio na categoría B de narración; e Antía Lillo Irimia, con accésit na categoría B de narración. En representación do Concello de Lourenzá a edil delegada de Cultura, Lupe Flórez Seivane, felicita publicamente aos catro premiados e anuncia que a entrega dos galardóns terá lugar nas dependencias da Biblioteca Provincial Lugo mañá, venres, día 14.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



