Os partidos de preferente e 1ª rexional e os da V Copa feminina disputaranse no Campo de Fútbol de Chantada, mentres que a final de 2ª e 3ª autonómica se celebrará en Mondoñedo
Lugo, 21 de xuño de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou as finais da XXX Copa Deputación de Fútbol, nun acto no que tamén estiveron presentes representantes dos equipos finalistas.
O domingo 16, ás 17:30 horas, o Milagrosa e o Peluquería Mixta Friol disputarán a final da V Copa feminina, e ás 19:30 horas, na final de preferente e 1ª autonómica enfrontaranse o Taboada C.F. e o Ribadeo F.C. Ámbolos dous partidos celebraranse no Campo de Fútbol de Chantada. A final de 2ª e 3ª autonómica disputarase o vindeiro domingo, 30 de xuño, en Mondoñedo.
O vicepresidente da institución provincial mostrou a súa satisfacción “polo éxito que acada, ano tras ano, esta Copa Deputación de Fútbol, na que participan case a totalidade dos equipos da provincia, así como pola continuidade da Copa feminina, que este ano alcanza xa a súa quinta edición co cal vemos que os nosos obxectivos de igualar o fútbol masculino ao feminino, nesta competición, vanse cumprindo pouco a pouco”.
A área de Deportes da Deputación mantén o mesmo orzamento que na pasada edición para organizar esta competición. Dos clubs deportivos participantes no trofeo, o campión e subcampión da categoría 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, serán premiados con 5.000 e 4.000 euros, respectivamente. Ademais, cada equipo recibirá 450 euros por partido xogado. En 2ª e 3ª Autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros, e os clubs percibirán 385 euros por partido disputado. Na Copa feminina, os equipos campión e subcampión, recibirán 5.000 e 4.000 euros, respectivamente, así como 450 euros por partido xogado.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
