O pasado sábado, día 15, na Casa da Cultura de Alfoz, entregáronse os premios das Letras Galegas 2013. Os premiados en narración foron: Alba García, Ángela García e Sonia Fernández, na categoría B (de 9 a 11 anos) e Manuel Geada, Gabriela Paleo e Claudia Pena, na categoría C (de 12 a 16 anos). Na modalidade de debuxo os premiados foron Yago Martínez, Gabriela Pedre e Mara Otero, na categoría A (ata 8 anos) onde Brais Pardeiro logrou un accésit. Na categoría B (de 9 a 11 anos) resultaron premiados os traballos de Lucía Carreiras, Nazaret Fraga e Javier Carreiras; mentres que na C (de 12 a 16 anos) só premiaron a Oumeyma Sabry. A entrega de premios estivo precedida da actuación do Mago Toño.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



