CADERNOS DA VIAXE. A depresión económica decatounos das grandes feblezas do noso sistema político-institucional. De que o emperador ía espido. Grande parte destas gravísimas disfuncións teñen a súa orixe na ocupación das Institucións polas elites populares e socialistas, nunha caste de bipartidismo dinástico, xa que foi reforzado pola complicidade da Monarquía borbónica. Esta crise viuse amplificada polo espallamento en tempo real das novas, resultado das novas tecnoloxías mais tamén da lóxica da Grande Depresión: no malestar xeral é moi difícil agachar as evidencias e calar as protestas.
Isto explica a extrema falla de adaptación do PP e PSOE ao novo paradigma. E• a súa desesperada loita lampedusiana para tentar aparentar reformas cando en realidade queren que nada mude. Porque compre enxergar os signos dos tempos. A loita antifranquista non é máis ca unha curiosidade histórica para todos os que non puidemos votar esta Constitución. A cidadanía espertou e quere incorporar na axenda reformas institucionais inaprazábeis: máis proporcionalidade, candidaturas abertas adoptadas coa participación da cidadanía, candidaturas limpas, esixentes regras de transparencia, novos xeitos de participación. A onda mesmo lle chegou, no noso País, a Anova, que houbo seguer a rota de CXG e asumir candidaturas abertas reais, que abren os órganos partidarios ás minorías e evitan o dirixismo das burocracias partidarias.
A sociedade civil vai levar por diante, tamén, algúns dos seus axentes supostamente representativos. Como a CEG. Alguén pode pensar que ésta representa verdadeiramente aos empresarios deste País? Mais os sindicatos tampouco ficarán á marxe deste “tsunami” cidadán, que ten a virtude de nos lembrar que ninguén pode gardar o viño novo nos pelexos vellos.
A ARRINCADEIRA .GAL, O DOMINIO DA GALICIA
O ICANN, organismo regulador da Internet, ven de abrir a porta para o dominio galego (GAL). Foi un traballo apartidista, estruturado precisamente no seo da sociedade civil. Un proxecto de País.
.GAL abre grandes posibilidades de promoción cultural e exterior para a noso País e cultura e, xa que logo, moitas posibilidades económicas e empresariais. Ogalla avaliemos este instrumento polo que custou e polas súas potencialidades. .GAL é o recoñecemento mundial por sermos diferentes.
















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



