Lugo, 19 de xuño de 2013. Na aprobación do Plan de Seguros Agrarios Combinados para o exercicio 2013 e a Resolución da Subsecretaria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 27 de marzo polo que se aproba una modificación do Plan, ponse de manifesto un importante recorte das subvenciones por parte do estado que se sitúa no entorno do 20% (pásase de 246,13 millóns de euros no 2012 a 199,18 millóns de euros no 2013 no seu cómputo xeral, e que en casos como o da recollida de cadáveres, cunha especial incidencia na Galiza, sofren un recorte de 18,5 millóns de euros). A esta importante baixada nas axudas por parte do estado temos que sumarlle as recentemente anunciadas por parte do goberno galego na orde correspondente publicada. O primeiro que temos que sinalar é que esta orde de axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios na Galiza vén con cinco meses de atraso, xa que durante os últimos anos publicábase, como é normal e necesario, no mes de decembro de cada ano, e así entrar no novo ano co coñecemento das axudas existentes. Pois ben, nesta orde o orzamento dispoñíbel é de 6 millóns de euros, o que significa unha baixada de medio millón de euros co respecto ao ano 2012 e de 1 millón 300 mil euros a respecto de cando entrou o PP no goberno galego.
Todas estas baixadas están tendo unha repercusión directa nos custes que as explotacións galegas teñen que soportar. Así por exemplo, unha explotación con 15 vacas adultas e 8 xovencas, pagou, no ano 2012, 490 € por un seguro que cubría partos, saneamento e accidentes. O mesmo seguro neste ano 2013 ten un custe de 1.670 €, isto é, 1.180 € máis, un 350% de incremento. A mesma explotación conta cun cebadeiro de becerros polos que pagou no 2012, por un seguro de accidentes, 20 € por cabeza, e este ano súbelle a 34,50 € por cabeza, un 72,5% máis.
Dende a Federación Rural Galega-FRUGA estamos enormemente preocupados e molestos polo recorte acometido polo goberno galego nas axudas ao fomento da contratación de seguros agrarios. Recortes que unidos aos xa acometidos polo goberno do estado, poñen en grave perigo a sustentabilidade de moitas explotacións agrarias galegas nun momento no que a súa situación xa é extremadamente delicada.
Tendo en contas os antecedentes que supuxo o encarecemento dos seguros agrarios o ano 2012 e que supuxo en torno a un 30% menos de pólizas subscritas, desde FRUGA, tememos que, outras moitas máis deixen de contratar seguros este ano, co que a súa debilidade e exposición a maiores riscos de supervivencia incrementarase.
Por todo isto, dende a Federación Rural Galega-FRUGA, pedímoslle á Xunta de Galiza que valore as repercusións tan negativas que sobre o agro galego e a súa viabilidade van ter estes recortes, e exixímoslle que volva a recuperar, cando menos, o nivel de apoio que prestou no 2012 ao sistema de contratación de seguros agrarios. Tamén demandamos á conselleira do Medio Rural e do Mar que exerza como tal e que reclame ao Ministerio que revise os recortes que pretende aplicar e que prexudican ao noso sector agrario, tal e como xa fixo, por certo, o conselleiro de agricultura catalán.




















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



