CADERNOS DA VIAXE. A violencia política de baixa intensidade non existe. Pór unha bomba é sempre un acto de violencia e terror, aínda cando se procure non causar vítimas persoais. Porque, logo de encetares ese xogo, non é doado botar a marcha atrás. Velaí que as manifestacións de Beiras, alcumando aos catro imputados galegos por terrorismo de “anoxados”, rifen con toda consideración aos valores democráticos e á prudencia política. Diante da violencia política (como da machista ou da xerada polos carteles da droga) non é posíbel a equidistancia. Só a condena inequívoca e incondicionada.
O que non quita para rexeitar o oportunismo do PP ao pór o foco sobre dunha violencia política que non constitúe, arestora, motivo ningún de preocupación para a cidadanía galega. Que si vive con grande anguria o desemprego e a falla de impulsos ao crecemento, o deterioro na educación e na sanidade públicas, a ameaza ao sistema público de pensións ou as agresións ambientais do pouco pan para hoxe e moita fame para mañá.
E tampouco quita para analisarmos a resposta xudicial e policial a respecto desta caste de condutas e atoparmos disfuncións e ilegalidades. Os tempos de prisión preventiva semellan manifestamente longos de máis, impropios das limitacións constitucionais que considera ésta de aplicación moi restritiva e nunca como pena anticipada. O afastamento dos presos de Galicia atenta contra do recoñecido principio de Dereito penitenciario de que os presos permanezan preto de cadansúas familias e contornas. Para seguirmos co axuizamento da Audiencia Nacional, que é un Tribunal especial totalmente alleo ao principio constitucional do xuiz ordinario predeterminado pola lei. Non por acaso, a Audiencia Nacional sucedeu, no 1977 e sen solución de continuidade, ao Tribunal de Orde Publica franquista.
Cómpre falarmos, tamén, de que as persoas a xulgar son inocentes até que non se decida o contrario nunha sentenza definitiva. Mais nada poderá xustificar a desubicación política e mesmo axiolóxica (nesta cuestión) de X.M. Beiras nin o oportunismo tacticista do PP ao prantexar este debate para dividir á sociedade e agachar os problemas- e mesmo determinadas agresións á cidadanía- verdadeiramente importantes.
Xoán Antón Pérez-Lema




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



