O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, recibiu este mércores, aos e ás participantes na sexta edición do campus de patinaxe artística que comezou o luns. O rexedor municipal falou con eles das actividades que fixeron ata agora e das que realizarán nos vindeiros días, como unha visita á basílica de San Martiño e despois comida na área recreativa do Bispo Santo mañá, xoves. E o venres rematarán as actividades con xogos, concursos e a exhibición final con entrega de agasallos. A este acto de clausura do campus asistirá o alcalde.
