Este próximo fin de semana terá lugar un doble programa de teatro organizado polo Departamento de Cultura do Concello do Valadouro e escenificado no Salón de Actos da Casa da Cultura deste Concello. O sábado 29 de xuño, o Estudio de Teatro Casahamlet presenta a obra Dourada Babel, unha peza baseada no título O Circo de Media Noite de Manuel Lourenzo, o cal dirixa tamén esta adaptación interpretada polos alumnos da Aula Aberta de Casahamlet. O domingo 30 de xuño, o grupo de teatro xuvenil A Maseira de Alfoz-Valadouro ergue o telón para a obra cómica ” A Caixa de Pandoriña”, texto escrito por Pepe Peinó que tamén se encarga da dirección. As dúas obras están programadas ás 20:00 horas e abertas a todo o público que o desexe.




















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



