Foz, 4 de xullo de 2013. Este xoves 4 de xullo presentouse en Foz o programa Aberto por vacacións, un campamento composto por varias actividades que se realizarán durante as mañás do verán, de 11 a 13 horas. Ocupará tres quincenas, comezando o vindeiro luns, 8 de xullo, para rematar a final de agosto e ten un custo de 10 euros por mes.
A concelleira de Educación e Xuventude, Mercedes González Alonso, explicou a principal novidade: “a diferencia de los años anteriores, donde solo se incluían a los niños que tenían o cumplían dentro de la temporada los cinco años hasta los 12, este verano admitimos también a los que han nacido en 2009, es decir que tienen o van a cumplir durante este año los cuatro. Debido a esta novedad, al tratarse de niños más pequeños que necesitan una mayor atención, las plazas se limitaron a quince”.
No que respecta ás actividades, González Alonso destacou “sobre todo las que pueden realizarse al aire libre como hacer castillos de arena, pasear en kayak y aprovechar la playa todo lo que se pueda para que los niños disfruten del medio ambiente. También habrá otro tipo de actividades, como talleres, multideporte o senderismo”.
A edil tamén comentou que “si todavía queda algún rezagado puede inscribirse en la Casa da Xuventude acompañando una fotocopia de la tarjeta de la Seguridad Social”.
A presentación correu a cargo da concelleira Mercedes González e da coordinadora do programa, María Gómez.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



