Lugo, 4 de xullo de 2013.- Acompañado polos Deputados Nacionais e Senadores, o líder dos populares lucenses e voceiro do GPP na Cámara Alta, José Manuel Barreiro, presentou na tarde deste xoves 4 de xullo en Lugo, a campaña informativa que o Partido Popular vén de poñer en marcha a nivel nacional e provincial para informar sobre a nova Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).
“Trátase dunha campaña informativa que ten como obxectivo dar conta sobre os aspectos clave desta reforma e desmontar as mentiras que se están a decir sobre a nova lei”- manifestou Barreiro, quen lembrou a necesidade da mesma e manifestou que o obxectivo é “garantir unha escola de calidade pública, mellorar a calidade da educación e o acceso a un emprego para os mozos, dimuníndo o fracaso escolar e modernizar a Formación Profesional”.
Barreiro insistíu en que España necesitaba urxentemente dunha reforma na lei de educación e lanzou duras críticas ao modelo educativo dos socialistas do cal dixo que o único que logrou foi que España se atope a ringleira da UE en competencias educativas ademáis de arrastrar unha taxa de abandono escolar do 26.5%, o doble da media europea, e un paro xuvenil superior ao 50%.
“As cinco leis educativas que entraron en vigor en España foron do PSOE e en tódolos casos foron un auténtico fracaso. Foi tal o descalabro que durante os anos 2000-2009, a inversión educativa duplicouse e nembargantes non se producíu unha reducción nin do fracaso nin do abandono escolar. Tanto é así que España arrastra unha taxa de abandono escolar do 26.5%, o dobre da media europea, un baixo rendemento generalizado, e un paro xuvenil que supera o 50%”- manifestou o popular, quen engadeu que, ata o de agora, a inversión en educación non estivo ligada a mellora da calidade e aseverou que a cuestión non é gastar máis, senón mellor.
O líder dos populares lucenses e voceiro do PP no Senado afirmou que a reforma do noso modelo educativo non podía agardar máis tempo xa que España necesita urxentemente dun sistema que mellore a calidade da escola pública, garantir a igualdade real de oportunidades, que tódolos mozos estén implicados e ben formados, fortalecer a figura do docente e que os centros teñan máis autonomía e maior competitividade.
No tocante as modificacións que introduce a LOMCE, Barreiro afirmou que con esta nova lei, establécese un sistema máis flexible e con unha atención máis individualizada. “Ven a rectificar un sistema moi ríxido e uniforme”- manifestou o popular, quen engadíu que con respecto ao sistema de evaluacións, explicou, que serán homoxéneas e garantirán que os mínimos de competencias que teñen que adquirir os estudantes para titular ao final de cada etapa, sexan homoxéneos en todo o territorio nacional.
Fixo fincapé o voceiro do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo na flexibilización que se produce na Formación Profesional, para facela máis atractiva para o estudante e que facilite o acceso ao emprego e á nova configuración das asignaturas, o que supón, unha nova definición de cáles son as competencias das comunidades autónomas, do Estado e dos centros, tanto na evaluación como na definición do currículo das asignaturas. “Esto é unha modificación fundamental respecto ao concepto de ensinanzas mínimas que había antes, onde o Estado define unha porcentaxe de asignaturas e as comunidades autónomas, o resto”- afirmou Barreiro, quen precisou que a asignatura de relixión é alternativa, xa que se pode optar ou ben a materia de relixión ou á de valores culturais e sociais, polo que contarán para nota ainda que non sexan obxecto de evaluación externa.
José Manuel Barreiro facendo fincapé noutro dos temas máis importantes de esta Lei: na ensinanza en castelán e linguas cooficiais. Afirmou o popular que o goberno garante o dereito constitucional que teñen tódolos españois, que reflicte, que si algún alumno quere estudiar en castelán, pode facelo, algo que ratifican nas súas sentencias o Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional.
O popular deu conta do enderezo electrónico: http://www.laverdaddelaeducacion.es/ onde se pode atopar información exhaustiva desta reforma educativa e anunciou que os Deputados Nacionais e Senadores darán a coñecer a realidade da LOMCE en diferentes lugares da provincia lucense.
VALORACIÓN DATOS DO PARO MES DE XUÑO
No tocante ao número de desempregados tras finalizar o mes de xuño, o voceiro do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, afirmou que estamos ante o mellor semestre dende 2006, o que sinala o inicio da recuperación económica.
“O paro rexistrado baixou en 127.248 persoas, o maior descenso nun mes de xuño en toda a serie histórica”- lembrou Barreiro, quen engadeu que o paro baixou en tódolos sectores, acumulando unha caída de máis de 276.000 persoas nos últimos 3 meses.
Neste senso, o popular, manifestou que por primeira vez en sete anos, o semestre remata mellor do que comenzou e xuño, ao igual que maio, bate récord na baixada do paro, con máis de 127.000 desempregados menos.
Concluíu Barreiro sinalando que estamos ante o camiño da recuperación, e proba diso vese tamén en que se reducíu o déficit público, o que significa un paso fundamental para correxir os desequilibrios e xerar emprego; en que superamos dúas crises: a financieira e a de deuda exterior (alonxando a ameaza do rescate); a mellora da financiación, xa que o sector público pode financiarse mellor e máis barato, grazas a renovada confianza exterior; a inversión extranxeira e a que se corrixe a inflacción.
LOITA CONTRA O PARO XUVENIL
Por outra banda, o voceiro popular tamén se referíu ás propostas que presentou Mariano Rajoy na Cumbre Europea para loitar contra o paro xuvenil e que foron incluídas na axenda europea.
Ademáis, calificou de “extraordinariamente positivo” tanto que España vaia a recibir 2.000 millóns de euros dos fondos europeos para loitar contra o paro xuvenil, como a baixada dun 6% na taxa de desemprego dos mozos grazas as medidas adoptadas polo goberno do PP.
Na súa opinión, grazas á Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven está reducíndose a taxa de desemprego entre os mozos e en solo catro meses poidéronse beneficiar máis de 60.000 mozos.
APOIO AOS CONCELLOS
Durante a súa intervención ante os medios de comunicación, José Manuel Barreiro destacou o paquete de medidas postas en marcha polo Goberno para acabar coa morosidade das Administración Públicas e dotar de apoio financiero ás entidades locales, aprobadas no Consello de Ministros celebrado o pasado venres, 28 de junio.
Dentro de este paquete de medidas, o presidente dos populares lucenses resaltou o novo plan de financiación para o pago a proveedores, que permitirá “reducir a morosidade e o prazo de pago das facturas pendentes das CC.AA. e os concellos”.
Así, o apoio as entidades locais con problemas financieiros beneficiará a 536 municipios, ainda que éstos deberán cumplir cun plan de axuste. “Con esta iniciativa -explicou Barreiro- o Goberno quere por a disposición dos municipios que se atopan nunha situación de especial dificultade, un conxunto de medidas extraordinarias que lles permitan facer fronte ao seus problemas económicos e axudarlles a cumplir coas súas obrigas fiscais e financieiras”.
Por último, Barreiro calificou ao Goberno de Mariano Rajoy como “o máis municipalista da democracia” e subliñou o “firme compromiso” do Executivo para volver á senda do crecemento e xerar emprego.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



