O pasado sábado celebrouse na localidade coruñesa de Ribeira, o Campeonato Galego de 5 km en ruta. A proba estivo organizada pola Federación Galega de Atletismo e contou coa presencia da maioría dos atletas Galegos.
Todos os atletas tiveron que soportar as altas temperaturas a pesar de que a saída da proba se fixo ás 10 da noite, os medallistas polo clube vivariense foron: na categoría femenina, en W-55 Begoña de Arriba medalla de ouro, no apartado masculino, medalla de ouro para Antonio Hernández en M-65, medalla de prata para Fernando Ramos tamén en M-65, e medalla de prata en M-70 para Antonio Cabana.