Ribadeo, 9 de xullo de 2013. ACISA móstrase satisfeita pola acollida e o desenvolvemento da segunda noite aberta Ribadeo aberto, paseo entre desexos, que tivo lugar o pasado venres. A xornada incluíu diversidade de actividades coma a saída dos cocos, actuacións musicais e de danza e un desfile na rúa Reinante no que participaron unha ducia de establecementos comerciais e no que puideron verse as propostas de todos eles para este verán de 2013. O evento foi conducido polo xornalista e locutor da Cadena Ser en Lugo e speaker do CB Breogán, José Areñas, que fixo disfrutar ós asistentes a esta cita.
ACISA agradece o traballo realizado polos establecementos que acudiron ó desfile e ó medio centenar de comercios que se deron cita no Ribadeo aberto, paseo entre desexos polo seu empeño e polas propostas feitas á súa clientela ata as doce da noite. Dende a directiva sinalan que “houbo moito ambiente en Ribadeo o venres pola noite, os comercios abriron ata as doce, fixeron ofertas, descontos, promocións e actividades para espertar o interese dos clientes que se achegaron ata Ribadeo para disfrutar da noite aberta e de todas as súas actividades”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo tivo palabras de agradecemento para o Concello, para a Xunta e para as agrupacións musicais e de danza “que estiveron con nos nesta segunda noite aberta e que deron moito ambiente e cor ás rúas de Ribadeo”.
Rebaixas de verán
As rebaixas de verán iniciáronse fai xa uns días. Dende ACISA animan “a ribadenses e visitantes a aproveitar esta oportunidade para facer aquelas compras que aínda están pendentes, dado que o tempo tampouco animou en exceso nos últimos meses. É un bo momento para renovar o vestiario de verán e lucir as mellores prendas e as mellores firmas que encontraremos no comercio tradicional de Ribadeo”. A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos destaca “o trato cercano e a profesionalidade do noso sector”.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



