Lugo, 10 de xullo de 2013. Na mañá deste mércores 10 de xullo, a Deputación de Lugo acolleu unha rolda de prensa conxunta dos portavoces dos tres grupos políticos con representación na institución, máis os representantes da Plataforma de Afectados Polas Preferentes e Subordinadas de Lugo, Xavier Novo e Digna Lagarón.
Nesta rolda de prensa, convocada para manifestar o apoio da institución aos estafados polas preferentes, Mario Outeiro afirmou que “o BNG leva desde que estalou o conflito, en 2011, situado da banda dos estafados, propoñendo iniciativas na súa defensa e a devolución íntegra dos seus aforros. Desta maneira foi a primeira forza política en propoñer alternativas na defensa dos intereses nas institucións, tanto en concellos como no Parlamento Galego, no Estado coma no Parlamento Europeo”.
Mario Outeiro, portavoz do BNG na Deputación de Lugo, ratificou a postura acordada no pasado pleno da Deputación de Lugo no que se aprobou por unanimidade a proposta de acordo de goberno para requirir a Novagalicia Banco que inicie a devolución íntegra dos aforros dos afectados e afectadas polas participacións preferentes e obrigacións subordinadas. De non producirse este reintegro a Deputación procederá a cancelar os acordos vixentes coa entidade, tendo en conta a aplicación de criterios obxectivos e a preservación dos intereses da provincia.
Mario Outeiro lamentou o feche da vía da arbitraxe, conseguida grazas ao traballo e mobilización das plataformas de afectados, “cando aínda hai en Lugo arredor de 4.000 persoas (dos 8.000 afectados) que non puideron aínda recuperar o seu diñeiro por esa vía. De feito, a nosa portavoz no Parlamento Europeo, Ana Miranda, vén de solicitarlle ao señor Almunia, facendo chegarlle a demanda da Coordinadora de Plataformas de Afectados polas Preferentes e Subordinadas de Galiza, que clarifique de xeito urxente o motivo polo que non se pode seguir efectuando a arbitraxe, e instouno a unha xuntanza urxente con afectados para clarificar a situación e que o proceso de arbitraxe siga aberto”.
O portavoz do BNG na Deputación de Lugo lembrou que “desde o BNG sempre reclamamos a derogación do Real Decreto do 21 de marzo de 2013 polo que Novagalicia Banco terá que canxear as participacións preferentes e as obrigacións subordinadas e aplicar unha quita importante aos aforros de miles de familias, como tamén nos mostramos contrarios á resolución do FROB do 7 de xuño onde se dan a coñecer as porcentaxes de quita das Preferentes e Subordinadas con e sen vencemento de Novagalicia Banco. Desde a nosa posición, o BNG segue a reclamar que a solución a esta problemática pasa por unha decisión política, xa que é o FROB actualmente o dono de Novagalicia Banco, co que a última palabra téñena o Ministerio de Economía e o propio FROB”.



















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



