O Concello de Lourenzá, a través dun convenio coa Consellería de Medio Rural, está rozando 50 quilómetros de marxes de pistas forestais nas catro parroquias do municipio para previr incendios nos montes. O concelleiro de Obras, Dino Vidal, explicou que “o obxecto da actuación de conservación e mellora das pistas forestais é manter a rede de vías en boas condicións e dotar ao monte dunha boa defensa fronte aos incendios”. Tamén aclarou que nesta actuación “dáselle prioridade a aquelas pistas cuxa situación é clave para a extinción en caso de producirse un lume e a aquelas que se atopan en peores condicións”. Para estes traballos a Consellería de Medio Rural aporta 2.875,60 euros e o Concello laurentino inviste 3.174,40.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



