A Mariña, 18 de xullo de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña valorou a publicación por parte do SERGAS dos datos oficiais de listas de agarda no Hospital da Costa e confirmou que aínda habendo unha leve rebaixa nos tempos de agarda tanto en cirurxía como en primeiras consultas esta é relativa tendo en conta que o centro hospitalario mariñao segue nos postos de cabeza do sistema de saúde público galego ocupando o terceiro posto en cirurxía e o cuarto en primeiras consultas con mais tempo de espera para atención. Neste sentido rebaixan o triufalismo do xerente executivo do Hospital da Costa a quen lle pediron moderación nas análises xa que esta pírrica mellora non vai ter continuidade no futuro coa ausencia de substitucións de persoal e o peche de camas polas políticas de recorte aplicadas polo goberno galego.
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña rebaixou hoxe as valoracións triunfalistas do xerente executivo do Hospital da Costa a quen lle pediu moderación nas súas análises dos datos oficiais do SERGAS sobre listas de agarda no Hospital da Costa. Argumentan que o Hospital da Costa segue sendo o terceiro hospital da rede pública galega en listas de agarda cirúrxicas, só superado polo CHUVI e o CHUAC e con só 1,7 días menos que a media da comunidade. Na mesma liña en primeiras consultas os datos oficiais sitúan o hospital mariñao no cuarto posto do sistema con so 0,8 días menos da media e superado unicamente polo CHUVI, o CHUAC e o Arquitecto Marcide de Ferrol.
Dende a Plataforma acusan ao xerente de obviar a constante derivación de pacientes da Mariña a outros centros, algo que sen dúbida ten efectos maquilladores da realidade do funcionamento do centro hospitalario mariñao e causa molestias constantes á poboación da Mariña e a saturación do HULA como vimos nestes días. Igualmente alertan da ausencia de substitucións de persoal e o peche de camas durante a tempada de verán a pesar do incremento de poboación da comarca nesta época do ano, é palpábel a rebaixa de actividade no Hospital da Costa estes días e isto terá consecuencias nos datos oficiais de agarda que como tódolos anos terá incrementos notábeis no mes de setembro.



















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



