Lugo, 18 de xullo de 2013.- O presidente do Partido Popular de Lugo e voceiro do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, xunto ao secretario xeral, José Manuel Balseiro e ao deputado nacional, Joaquín García Díaz, explicoulle este xoves a membros da plataforma de afectados polas preferentes as medidas adoptadas polo Goberno central e o marco xurídico no que se enmarcan .
Durante a xuntanza mantida hoxe na sede do PP provincial con membros da plataforma de afectados polas preferentes, os populares puxeron de manifesto que o Goberno central tomou dende o primeiro momento medidas e decisións para protexer aos afectados nun dobre sentido, por unha parte cunha batería de medidas que eviten que situación similares se repitan e por outra, poñendo sobre a mesa solucións reais e efectivas para os pequenos inversores atrapados polas preferentes.
Neste senso, dende o PP reiteraron que o Goberno que lidera Mariano Rajoy dende o primeiro momento buscou fórmulas de compatibilización entre á compensación aos afectados por esta comercialización e a normativa comunitaria de axudas de Estado.
Asemade, durante os máis de 90 minutos de conservación cos representantes dos afectados presentes na xuntanza, os dirixentes populares tamén invitaron aos membros da plataforma a valorar estas medidas. Dende o PP queren que esta partido sexa visto como o de persoas que comprenden o problema e que traballan para darlles solucións; e non como políticos que permitiron o problema e que agora votan en contra das medidas legais adoptadas.
No marco desta xuntanza, os populares tamén recolleron as preguntas e propostas dos representantes para trasladalas ao goberno e posteriormente darlles respostas, xa que explican que dende o PP nunca se negaron ao diálogo e sempre nos enfrontamos aos problemas.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



