Ribadeo, 26 de xullo de 2013. Máis dun cento de persoas se deron cita en Ribadeo este mediodía nas inmediacións do Concello para amosar o seu pesar polas vítimas do accidente ferroviario de Santiago. Funcionarios, concelleiros, alcalde, veciños e turistas gardaron cinco minutos de silencio, uns nas escaleiras de acceso ao Pazo de Ibáñez e outros no parque de San Francisco. O rexedor, os edís e as persoas que alí se deron cita luciron lazos negros nas súas camisas e chaquetas en sinal de dó polo acontecido. O acto concluíu cun forte aplauso en homenaxe aos afectados por este sinistro.
Ao remate o alcalde, Fernando Suárez, dixo que “foi unha tristura grandísima que tivésemos que vivir así este día nacional de Galicia, é dos días máis tristes da historia, que eu recorde, por unha fatalidade. Agardo que se axilice a investigación do ocorrido, todo apunta a unha causa humana, pero tampouco ninguén sabe dicir a causa concreta que provocou o desgraciado accidente”.
E engadiu que “facémoslles chegar desde a Corporación Municipal de Ribadeo de maneira unánime a todas as familias das vítimas o noso respecto, as nosas condolencias e a nosa mensaxe de ánimo. Sabemos que serve de pouco, pero somos un graíño máis de area de todo este universo de persoas, de institucións, etc, que nos solidarizamos con todos os afectados por este terrible accidente ferroviario”.


























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



