Mondoñedo, 27 de xullo de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo denuncia que todo parece indicar que o equipo de goberno municipal –PSOE e BNG- pagou a última certificación da obra do entorno da catedral, sen estar executadas todas as melloras comprometidas pola empresa e que foron o criterio practicamente determinante para a concesión da obra á firma adxudicataria.
Os populares explican que o seu grupo pon de relevo esta situación tras cumprir coa súa función fiscalizadora do goberno e ter acceso ás certificacións pagadas da obra de reordenación de espazos públicos do entorno da catedral, praza do seminario e rúa da Fonte.
Analizada a documentación a que tivo acceso, o PP alerta de que a última certificación pagada data do 30 de novembro de 2011, cando faltaban máis de 149.000 euros en melloras comprometidas sen executar.
Dunha maneira máis concreta e segundo a documentación facilitada, os populares explican que no momento do pago da última certificación, a empresa cobrara o importe de 916.445 euros –contía pola que fora adxudicara a obra-, sen embargo, as melloras estaban valoradas en 415.386 euros, faltando 149.828 euros en melloras sen executar.
No expediente da obra coa documentación a que se lle facilitou acceso ao PP, soamente se recollen melloras nas certificacións números 7 e 8, por importes de 184.857 e 80.701.95 euros, que sumadas alcanzan 265.558 euros, restando 149.828 do total das comprometidas -415.386 euros-.
Voto en contra da creación dunha comisión de investigación
Esta situación, segundo explican os populares, parece indicar que o equipo de goberno de Mondoñedo non se preocupou polo seguemento da obra ata que o Grupo Popular preguntou polo resultado desta construción tras apreciar a simple vista trastornos incompatibles con unha obra recén feita e que se adxudicara por un importe entorno ao millón de euros.
Segundo expoñen os populares, a información atopada ata a data vén, desgraciadamente a confirmar, as sospeitas do PP que, sen dúbida, cada día atopa máis xustificada a necesidade de abrir unha comisión de investigación no tocante a xestión desta obra. Así o trasladou o PP ao pleno ordinario anterior, do mes maio, votando en contra o equipo de goberno. Aínda que paradoxicamente, segundo explica o PP local, nese mesmo pleno, o equipo de goberno plantexaba un requirimento á empresa no prazo dun mesmo para corrixir deficiencias.
Os populares consideran que esta iniciativa chegaba tarde e semellaba ser un “paripé”, para xustificar o voto en contra de dar explicacións aos populares e aos mindonienses do que se fixo nunha obra de tanto diñeiro.
Sen dúbida, os populares seguen insistindo na necesidade de que se esclarezan datos e cifras e que se depuren responsabilidades. Así, o PP coñecido isto, non descarta volver a plantexar de novo a iniciativa da comisión.
Os populares non entenden que o equipo de goberno votara en contra desta iniciativa plenaria posteriormente a cal, os socialistas e nacionalistas lle deran á empresa o prazo dun mes para que repara os trastornos ocasionados na obra.
Despreocupación do equipo de goberno
Para o PP local esta situación amosa a despreocupación do equipo de goberno que non actuou ao respecto ata ser instado polo grupo popular, ao tempo que lamenta que Orlando González dera orde de pago da última certificación sen comprobar que todas as melloras estaban executadas, e máxime cando o concepto de melloras foi vital para que a adxudicación da obra a empresa que realizou a construción, desprazando a empresas locais na concesión para acometer esta infraestrutura.
Así, os populares amosan a súa insistencia para que este diñeiro que a empresa recolleu en orzamento baixo o concepto de melloras, non se perda.
Por último, os populares lembran que o seu grupo criticou dende o primeiro momento este obra, ao que se refiren como de “un grave erro”, ao “inutilizar unha praza que ata o momento era funcional, quedando absolutamente inservible, incómoda e insegura”.



















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



