A Asociación Sócio-Cultural “A Pomba do Arco” dará comenzo o vindeiro luns, 5 de agosto, á XVIII edición das Xornadas de Historia Local que esta asociación ven celebrando de xeito ininterrompido nas primeiras semanas do mes de agosto.
As Xornadas de Historia Local téñense convertido xa a esta altura en toda unha referencia da proposta cultural do Concello de Foz pola súa contribución a pór en valor o pasado de Foz, pero entendendo este como diálogo co presente. Estas xornadas son un referente tanto para os focegos como para os que nos visitan polo seu aporte á recuperación da historia de Foz así coma pola divulgación do noso pasado, con tódalas súas contradicións, no desexo de elevar a auto estima de tódolos que vivimos en Foz.
As Xornadas de Historia Local veñen a confirmar que tódolos pobos teñen historia e o que precisaba Foz era, nin máis nin menos, que a nosa historia se fixera visible e que fose recollida por escrito e tamén que se divulgase. Este é o desexo que move á asociación cultural A Pomba do Arco.
Para estas XVIII Xornadas presentan un programa bastante completo:
– luns 5 de agosto. 20.30 Salón de Actos da Casa da Cultura “Poeta Manuel María”. Foz.
20 anos da historia da Banda Municipal de Foz.
Arcadio Mon, director da escola de municipal de música, realizará unha introdución histórica sobre o que foron estes 20 anos da banda. Posteriormente terá lugar un concerto que correrá da man da Big Band da Banda Municipal de Foz, conxunto formado por diferentes mozos membros da banda, e que interpretara diversos temas. A Pomba do Arco considera de orgullo e satisfacción para Foz que o noso concello volva a contar cunha banda de música posto que significa recuperar e dotar aos nosos concidadáns dunha cultura musical, xa que a única banda coa que contou Foz a maiores da actual foi a Banda de Martiz, banda existente en Vilaronte e que desapareceu en 1917.
-martes 6 de agosto. 20.30 Salón de Actos da Casa da Cultura “Poeta Manuel María”. Foz.
Os castros do concello de Foz.
Conferencia que vai correr a cargo de Luís Cordeiro Maañón, arqueólogo e investigador focego que conta cun importante número de publicacións e traballos de campo na área de arqueoloxía, entre os que destacaríamos a escavación do Castro das Grovas en Ribadeo ou da Catedral de San Martiño de Mondoñedo. Recentemente presentou na Universidade de Vigo a súa tese de doutoramento baixo o título “ Os castros costeiros na Mariña de Lugo”, traballo que significa un importante paso adiante na investigación da cultura e do período castrexo, porque nesta investigación aparecen novos castros que até a data eran descoñecidos e ficaban sen catalogar e este traballo explica perfectamente a sociedade, a forma de vida e o mundo castrexo como fenómeno complexo escapando da anécdota histórica.
-mércores 7 de agosto. 20.30 Salón de Actos da Casa da Cultura “Poeta Manuel María”. Foz.
A emigración focega a Catalunya.
Mesa redonda na que van participar catro focegos que emigraron a esta nación peninsular e que nos comentarán a súa experiencia migratoria. Os catro focegos, dúas mulleres e dous homes, Julita da Pelola, Moncho de Pena, Pepé de Vilaronte e Ramona do Pedreiro darán conta do que significou a emigración na década dos sesenta a Catalunya, a maior oleada migratoria que viviu a nosa nación e tamén Foz. Lembrarán os días, os traballos, as penurias, os cambios no vivir e no facer dos emigrados nese momento. Esta mesa redonda ten un dobre obxectivo, o de achegar a toda a veciñanza un fenómeno relativamente recente pero tamén responde á intención que A Pomba do Arco ten de recuperala memoria da emigración focega a Europa. En posteriores anos pretender darlle continuidade a este tipo de mesas redondas pero xa con outras nacións como España, Euskadi, Suíza ou Inglaterra. Agarda esta asociación cultural que a maiores das persoas que participen na mesa contar entre o público con máis xente que viviu a experiencia migratoria a fin de aumentala información sobre este período.
A tradicional foto que acompaña o cartaz das xornadas de historia de 2013, unhas xornadas que como consecuencia da programación de San lourenzo víronse reducidas nun día, correspóndese cunha escola de nenas de Foz de 1912, escola situada na coñecida como “Casa do Preferente” e onde desenvolveu até fai poucos anos a súa actividade profesional como zapateiro “Angelín”. O cartaz á marxe de recoller o programa das xornadas, recolle os nomes das nenas que naquel tempo asistían a esta escola, a única de pícaras que funcionaba en todo o Concello, sendo a única alumna da mesma actualmente viva Dolores Escalera con máis de 104 anos.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



