O complexo cultural RegalXunqueira acollerá a inauguración da exposición colectiva de artesanía o venres 2 de agosto ás 20.00 horas na tenda de O Regal. A exposición albergará obras dos artesáns participantes nos “Obradoiros con Alma” da Mariña lucense: Pilar Maravalla, bisutería en arcilla polimérica (Ribadeo); José Rodil, ferreiro de navallas (A Pontenova); Lucía Catuxo, cerámica (Trabada); Chus Lage, alfareira (Mondoñedo); Alfonso Otero Regal, ceramista (Viveiro); Estéfano Gudín , Ceramista (Cervo); Asociación Redeiras Casbo Burela, redeiras (Burela); Miguel Fernández, carpinteiro (Mondoñedo); Dosita Cao Basanta, arte floral (Burela); Francisco Fra, carpinteiro de Ribeira (San Cibrao); Félix Paz, torneiro de madeira (Alfoz); Mª Luz Méndez, encaixes de bolillos (San Cibrao) e Regina Lorences, restauradora (Mondoñedo). A exposición permanecerá aberta de luns a sábado en horario de 09:45 a 13:45 e de 17:00 a 21:00 horas.
Exposición Colectiva de Artesanía en RegalXunqueira
Exposición Colectiva de Artesanía en RegalXunqueira
Relacionado
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación