A Deputación colabora un ano máis coa organización do Resurrection Fest en Viveiro, un festival de música heavy metal, hardcore e punk que se converteu en poucos anos en referente mundial. A cita supón unha importante oportunidade de negocio para a zona polo que a institución provincial leva anos axudando ós organizadores con achegas económicas elevadas para conseguir traer á mariña lucense os grupos máis importantes do panorama musical. Para este ano a Deputación mantivo a contía da súa achega, a pesar da crise os organizadores contaron cunha axuda do ente provincial de 10.000 euros. Ademais a Fundación Tic, dependente da organización se encargará de toda a produción audiovisual do evento. Profesionais e bolseiros se encargarán da emisión en streamming dos concertos para o que traballarán os profesionais e bolseiros da Fundación. Grazas ó traballo da TIC, os asistentes terán posibilidade de ver os concertos na pantalla xigante que se vai instalar nun dos laterais dos escenarios. Os que non poidan asistir terán a posibilidade de seguilo, tanto en streamming coma en diferido,na canle http://resurrection.tv.
O Resurrection Fest é xa un referente internacional para os xiareiros deste tipo de música xa que no seu cartel se incluen grupos de grande fama internacional. Para a edición deste ano contan coas actuacións de Lamb of God, Bad Religion ou Slayer, entre máis de medio cento de agrupacións. A organización ten disposto un recinto no campo de fútbol das Lavandeiras con 3 escenarios diferenciados onde os grupos irán tocando sen coincidir no tempo das actuacións máis importantes.
Para o primeiro día os organizadores repartiron 19 grupos entre os tres escenarios cos que conta o recinto. Deste xeito poderanse escoitar no escenario Monster Stage ós grupos Lamb of God, Trivium, Sylosis, The Casualties, Switchtense, Bastards on Parade e Against the Waves. No escenario Jägerweister tocarán Jello Biafra, Mad Ball, Devil in me, Escuela de odio, Possesion, Inordem e Mutant Squad. E no Arnette Stage actuarán The Flattiners, The Amsterdam Redlight District, A new heaven arise anima, Oddy Lane, Amenaza de muerte e 1906. Para o venres e o sábado quedan pendentes outros 40 grupos entre os que destacan, Bad Religion, Slayer, Biohazard, Killswicht Engage e Exodus, entre outros.
Organización no recinto e zonas de acampada
Os organizadores xa teñen todo disposto nas instalacións do campo de fútbol das Lavandeiras. A acampada é gratuíta en dúas zonas habilitadas no parque de pernas peón e no Mirador de San Roque, teñen duchas, baños e outros servizos. Onde xa están agotadas as prazas é no Casino de Viveiro, moi preto do festival e dos centros comerciais e casco histórico da vila. Estas instalacións contan con grandes servizos como o de seguridade privada, wifi, servizos e duchas e cafetería, entre outros a prezos moi reducidos, polo que espertaron o interese dos visitantes.
No recinto, os que acudan ós concertos disporán de servizos como atención sanitaria, cafeterías e bares, e espazos para a práctica de skate e exhibicións, entre outros. Na páxina web oficial www.resurrection-fest.com hai completa información sobre os horarios, os servizos, un plano do recinto e outros aspectos de interese para os que queiran acudir á cita.
Importante oportunidade para dar a coñecer A Mariña
Dende a Deputación consideran que o Resurrection Fest, ó atraer tanta xente e grupos tan importantes é unha importante oportunidade para dar a coñecer a Mariña como destino turístico. Segundo os organizadores, á cita acudirá público de 30 países diferentes que desfrutarán do Festival e de toda a riqueza da zona, contribuíndo á súa promoción fóra e a xerar riqueza en sectores estratéxicos como a hostalería e o turismo. Segundo un estudo da Universidade de A Coruña , en tan só 3 días, o evento deixa na cidade do Landro máis de 1,4 millóns de euros.
As entradas poden adquirirse aínda na páxina web do festival así como en diferentes establecementos de distintas localidades; sendo de 69 euros o prezo do bono de tres días, e de 40 euros o prezo dun día.





















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



