A Deputación fai posible a celebración da 32ª edición da Festa do Turista de San Cibrao, achegando 3.000 euros e levando profesionais do Centro de Artesanía e Deseño, que ofrecerán ós participantes cursos gratuítos sobre cestería. “Un ano máis, colaboramos cunha festa que lle aporta un grande valor ó Concello de Cervo e que dinamiza a súa economía”, salientou a deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, durante a súa presentación. Así mesmo, a Asociación de Comerciantes Industrias e Autónomos de San Ciprián organiza por 5º ano consecutivo o Antroido de Verán, que coincide co fin da xornada da Festa do Turista. O evento comezará a partires das 9 da noite e o desfile de disfraces estará amenizado pola Charanga Dambara. Posteriormente, haberá unha entrega de premios, onde os mellores disfraces serán recompensados. Os premios están dedicados tanto para os nenos como para os adultos e hai un total de 2.000 euros que serán divididos entre todos os participantes.























No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



