Ribadeo acolle o 2 e o 3 de agosto o Día da Gaita e a Xira a Santa Cruz, declarada de interese turístico. O sábado 3 de agosto o grupo Saudade encargarase do pregón, acto que terá lugar no Teatro de Ribadeo arredor das 20:00 horas, antes da actuación das Escolas. Pola súa banda, o domingo día 4 a festa arrincará ás 10:30 horas con pasarrúas a cargo dos grupos Aires do Padornelo (Mondoñedo), Froito Novo (Melide), La Amistad (XiXón), Brisas do Landro (Viveiro), Brisas da Croa (Ladrido – Ortigueira) e Amigos da Gaita (Ribadeo). Ás 12:00 horas celebrarase a mostra dos no Cantón dos Moreno. Ás 14:00 horas arrancará a Xira a Santa Cruz e ás 18:00 horas está previsto ofrecer unha homenaxe floral no monumento ó Gaiteiro Galego ademais dunha mostra de grupos.
Día da Gaita e Xira a Santa Cruz 2013
Día da Gaita e Xira a Santa Cruz 2013
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón