Este xoves comezou o Resurrection Fest en Viveiro co que colabora a Deputación. Este festival de música heavy metal, hardcore e punk converteuse en poucos anos en referente mundial. A cita supón unha importante oportunidade de negocio para a zona polo que a Deputación leva anos axudando ós organizadores con achegas económicas elevadas para conseguir traer á mariña lucense os grupos máis importantes do panorama musical. Para este ano a Deputación mantivo a contía da súa achega, a pesar da crise os organizadores contaron cunha axuda do ente provincial de 10.000 euros. Ademais a Fundación Tic, dependente da organización se encargará de toda a produción audiovisual do evento por segundo ano consecutivo. De feito, os asistentes seguiron os concertos do primeiro día a través dunha pantalla xigante colocada no recinto e os que onte se perderon a cita poideron desfrutar igualmente dos concertos en streamming coma en diferido, na canle http://resurrection.tv.
No primeiro día de festival destacaron as actuacións de Lamb of God, Trivium, Sylosis, The Casualties, Devil in me, The Flattiners, ou The Amsterdam Redlight District. Eran un total de 19 grupos que se distribuiron entre os 3 escenarios repartidos polo recinto e nos que os concertos comezaron un pouco antes das 15.00 horas e se estenderon ata ben entrada a madrugada. Os organizadores destacan ademais que neste primeiro día non hai que lamentar ningún tipo de incidencias e que en vista do éxito de onte agardan superar os 30.000 asistentes entre os tres días de festival.
Cartel do venres e sábado
Os concertos continuan este venres coas actuacións de 22 grupos que se reparten polos 3 escenarios do recinto. Os concertos non se solaparán e así os asistentes poderán escoitar a Slayer, Millencolin, Exodus, Velvedere, No turning back, Vita Imana, e For the Glory no escenario Moster Stage. No Jägermeister Stage poderanse ver as actuacións de The Exploted, Comeback Kid, Integrity, Lendakaris Muertos, Avulsed, Noctem, Noiseast e Display of power. No Arnette Stage tocarán Brutality, Rise of the Northstar, Dawn of the maya, Violent Eve, Wolves are Coming, Barbarian Prophecies e pechan o cartel do venres Cult.
O sábado interveñen outros 22 grupos entre os que destacan Bad religion ou Biohazard. O cartel completo e os horarios dos concertos pódese consultar na páxina web do festival: www.resurrection-fest.com.
Referente en todo o mundo
O Resurrection Fest é xa un referente internacional para os xiareiros deste tipo de música xa que no seu cartel se incluen grupos de grande fama internacional. Para a edición deste an o contan coas actuacións de Lamb of God, Bad Religion ou Slayer, entre máis de medio cento de agrupacións. A organización ten disposto un recinto no campo de fútbol das Lavandeiras con 3 escenarios diferenciados onde os grupos irán tocando sen coincidir no tempo das actuacións máis importantes.
Importante oportunidade para dar a coñecer A Mariña
Dende a Deputación consideran que o Resurrection Fest, ó atraer tanta xente e grupos tan importantes é unha importante oportunidade para dar a coñecer a Mariña como destino turístico. Segundo os organizadores, á cita acudirá público de 30 países diferentes que desfrutarán do Festival e de toda a riqueza da zona, contribuíndo á súa promoción fóra e a xerar riqueza en sectores estratéxicos como a hostalería e o turismo. Segundo un estudo da Universidade de A Coruña, en tan só 3 días, o evento deixa na cidade do Landro máis de 1,4 millóns de euros.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



