Burela, 5 de agosto de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, fai un balance moi positivo tanto de Produart como da feira do bonito. Ambos eventos tiveron lugar a pasada fin de semana en Burela.
O rexedor cre que “é un balance positivo porque aínda na situación de crise na que nos atopamos a presenza de xente en Burela foi moi importante durante toda esta fin de semana. No que se refire a Produart eu mesmo onte pola mañá estiven falando cos expositores e a verdade é que en liñas xerais estaban satisfeitos de como transcorreu esta cita e moitos deles xa confirmaron que volverían a Burela dentro dun ano. En canto ás transaccións comerciais, segundo eles mesmos tamén me comentaron, na propia feira foron en liñas xerais similares ás do ano pasado, pero tamén a feira serve para establecer contactos que se van desenvolvemento despois durante os meses seguintes”.
González Barcia subliñou que “a valoración que podemos facer da 13ª edición de Produart é moi satisfactoria”.
Sobre a feira do bonito que chegou á súa vixésimo novena edición o alcalde burelés indicou que “segundo os datos que nos pasou hoxe pola mañá a propia organización estímase que sobre unhas 8.000 persoas puideron pasar pola festa e que se venderon unhas 3.100 racións. Creo que os datos son bos, a pesar da situación que moitas persoas están a vivir”.
José Mª González Barcia anunciou que “proximamente se reunirá o padroado da Fundación Expomar, probablemente o día 14 deste mes, para expoñerlle os resultados económicos de Produart, referidos ó presuposto da feira, e ver si se cumpriron os obxectivos que estaban previstos. Evidentemente nosoutros non podemos dar datos económicos dos expositores porque iso pertence ó seu ámbito de negocio”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



