O Complexo Cultural Regal Xunqueira, en Viveiro, acolle a inauguración dunha nova exposición coas obras de Otero Regal. Nesta ocasión, ‘Paisaxe e paisanaxe’ recolle 30 cadros e 6 esculturas en cerámica de alta temperatura policromadas con óxidos, esmaltes e engobes cun contido moi chamativo e cheo de cor realizadas dende o 2007 ata o 2013 nunha mostra que será inaugurada este xoves 8 de agosto ás 20:00 horas. Ata o 30 de setembro poderase ver unha obra de Otero Regal de paisaxes cerámicos: o que el veu o redor de si, en viaxes, vivindo en lugares moi diversos e sobre todo tomando centos de apuntes dende O Cairo a Tunicia, pasando pola Andalucía máis branca, Cataluña, Castela… e mirando sobre todo a perspectiva das casas, moi poucas das paisaxes están sen casas. Esta mostra está feita para que voltemos a esta exposición que quere ser punto de encontro con outras artes, con outros laboríos. Otero Regal atópase, ós 61 anos, algo máis canso; pero na mellor quenda de toda a súa historia polo que fai o tempero artístico. Nunca creou con máis oficio, que o ten todo, con ese saber facer, con ese aquel de artesán sabio, que so un mestre, na súa obra pode bordar.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



