Ribadeo, 8 de agosto de 2013. Sete restaurantes de Ribadeo (Parador de Turismo, O Cabazo, Casa Pepe, A Dorada do Cantábrico, San Miguel, La Solana y Voar) ofrecerán a partires deste venres os bonos gastronómicos que foron presentados hoxe en medio dunha grande expectación na praia das Catedrais. Trátase dunha experiencia gastronómica nacida e cociñada en Ribadeo. O bono será para dúas persoas, terá un custe de 60 euros (ive incluído) e estará composto de dous entrantes, dous pratos principais, un postre e a bebida.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, subliñou que “se trata dun produto feito e traballado nas mesas sectoriais que estivemos a desenvolver durante todo o inverno cos diferentes sectores relacionados co turismo de Ribadeo e coa colaboración da Deputación de Lugo”. A edil nacionalista indicou que “o que se pretende é dar a coñecer a gastronomía da zona, a gastronomía local, elaborada por produtos galegos, de proximidade e de tempada. O menú está composto por dous entrantes, dous pratos principais, viños galegos, café e postre. En cada un dos sete restaurantes o menú é diverso, atendendo aos criterios marcados pola dirección do proxecto e traballando sempre os produtos de tempada”.
Martínez engadiu que “o que pretendemos é contar cunha oferta turística de calidade para que o sector estea presente en todos cantos lugares poida moverse o tema gastronómico. Este produto está dirixido por unha persoa, que conta cunha estrela Michelín e que é o cociñeiro Gonzalo Pañeda del restaurante El Puerto de Xixón, e ao que lle temos que agradecer a súa colaboración e a dirección desta iniciativa”.
Pola súa banda, Gonzalo Pañeda dixo que “ha sido un placer colaborar con el Ayuntamiento de Ribadeo y con los siete restauradores que participan en el proyecto. Tanto la concejalía como el resto de los implicados han puesto y hemos puesto mucho cariño en ello y tiene todos los mimbres para convertirse en un gran éxito. Lo que se buscaba con este bono es potenciar la cocina de Ribadeo, tan rica, con este mar que tenemos aquí que lo único que da es placer a todos los que nos sentamos a comer”. O cociñeiro Gonzalo Pañeda manifestou que “lo importante es que hay productos de la zona, de la huerta, del campo y del mar. Los restauradores que participan en esta iniciativa lo han puesto todo de su parte y me han dado todo tipo de facilidades a la hora de trabajar con ellos. En estos tiempos tan malos que corren, donde la restauración está sufriendo tanto, en un sitio tan estacional como Ribadeo, donde hay mucha gente en verano y en invierno se pasa un poquitín peor, decir que esto no tiene que ser solo un incentivo económico, sino que está creado para mostrar una imagen de unidad en la cocina, que aquí está lo mejor de la cocina de Ribadeo. Y unidad también con el Ayuntamiento de Ribadeo que se volcado con vosotros y que ha hecho un proyecto para vosotros, para un lugar que vive tanto del turismo”.
O bono gastronómico poderá conseguirse con antelación nos restaurantes participantes e partires do luns, 12 de agosto, poderá adquirise por internet en http://gastrobonos.ribadeo.org.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegurou que “este proxecto se iniciou grazas a un apoio económico da Deputación Provincial de Lugo, pero grazas ás ideas deles e do Concello ao longo deste inverno para poñer en valor os produtos da nosa terra, da nosa comarca, do noso mar, poñer en valor esta maravilla da natureza na que nos atopamos. Sabedes que levamos moito tempo a queixarnos de que isto se está a degradar sen que teña unha solución conxunta entre todas as administracións, pero o que estamos tentando é dicirlle á xente que nos ven visitar a esta pequena illa dentro de Galicia, que aquí se pode pasar ben, que aquí se pode degustar o mellor, o máis exquisito da nosa horta, do noso mar, da nosa terra, a prezo axeitados coa mellor garantía de calidade e de todos estes restauradores que son tan bos como os mellores do mundo”.
O rexedor dirixiuse aos turistas presentes aos que animou a visitar os sete restaurantes que inicialmente participan nesta proxecto e a degustar os pratos que prepararon para saborear con estes bonos gastronómicos e deulle as grazas á Deputación de Lugo, “porque se non tivésemos apoio económico para garantir todo isto non sería posible e isto é unha chamada de atención desta maravilla que temos da natureza, que é a praia das Catedrais, a praia de Augas Santas, onde desde logo temos que aproveitar esta riqueza sostible desde o punto de vista medio ambiental e que siga a ser unha riqueza desde o punto de vista económico para a sociedade do noso concello”.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, comezou a súa intervención dándolles as grazas “a hostalería ribadense e ao Concello, que conxuntamente todos os días están a traballar e a sacar ideas tan importantes coma esta. Este potencial natural que temos aquí é moi importante, estamos nun dos lugares máis emblemáticos non só do país senón de todo o mundo, e iso para unha comarca coma a nosa e para o Concello de Ribadeo ten que se importantísimo, pero tamén para que a economía se dinamice. Temos os mellores cociñeiros, temos os mellores restaurantes, temos o mellor produto… convidamos a todo o mundo que participe nesta iniciativa dos bonos gastronómicos, penso que é maravillosa e que vai ter un grande éxito e ao Concello amosarlle o noso apoio e a nosa solidaridade, porque estamos a facer un esforzo grandísimo conxuntamente, curiosamente dúas administracións nada máis: Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo, outras miran para outro lado”. Veiga dixo: “non sei si ten que ver coa cor política deste maravilloso alcalde e deste maravilloso grupo de goberno que hai en Ribadeo, pero hai que reflexionar. Todos os que nos visitan hoxe poden comprobar que é moi difícil aparcar, que é moi difícil achegarse ás Catedrais. Só dous institucións estamos volcadas con este enclave que é un referente para toda Galicia e todo Estado. Á hora de poñer unha foto escollen unha das praias das Catedrais, pero euros poñen moi poucos. A ver si entre todos mantemos este enclave, que cada ano veña máis xente, pero con todas as comodidades, que poidan aparcar, que teñan os servizos que ten que ter unha praia desta envergadura”.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



