Barreiros, 8 de agosto de 2013. Os xardíns do Eido Dourado acollerán o próximo domingo, día 11 de agosto, ás 22:00 horas, a actuación de Tino Baz, cantautor guardés que mestura pezas populares con poesía galega.
Segundo Celso Dourado, promotor do concerto, o domingo “os xardíns do Eido Dourado van ter, posiblemente, o evento coa aposta máis forte que fixemos este verán. Estará con nós Tino Baz, un cantautor galego nado na Guarda (Pontevedra) no 1972. Posúe unha formación realmente exemplar que lle permitiu formar parte de diferentes formacións musicais do país como, por exemplo, A Roda. Tino nútrese, como principal fonte, da poesía galega cantada; no seu repertorio adapta pezas populares mesturándoas coa palabra de poetas como Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Marica Campo, Bernardino Graña, etcétera”.
Ademais da súa voz, aclara Dourado, Tino Baz “nos seus concertos utiliza como instrumentos de acompañamento a zanfona, a gaita e a percusión. Ten un grande número de colaboracións con grupos como Treixadura, Leilía, Quempallou, A Quenlla, Miro Casabella ou outros. E hai que destacar as súas andainas pola illa caribeña de Cuba ou polo país veciño de Portugal, en tributos ao grande cantautor luso Zeca Afonso. Tino é un grande defensor da lingua nai da patria facendo do galego a súa bandeira. Eu gozo da súa amizade e por iso vai estar aquí, e inda que xa estivo no 2012 na apertura e no encontro do Eido Dourado, este vai ser o primeiro concerto que dea como tal na Mariña. Realmente é a grande voz renovadora do canto galego, que versiona a poetas. Para min realmente é unha ledicia poder contar con Tino e espero que as persoas que senten dalgunha maneira o noso país ou aqueles que simplemente sexan admiradores do bo facer dentro do que é o canto de cantautor, se acheguen ó Eido Dourado para gozar dunha velada con este verdadeiro exemplo da música do noso país”.
O artista barreirense sinala tamén que, como todas as actuacións dominicais que están a facer no Eido Dourado, e xa que coida que “a cultura sempre debe ser en aberto, o concerto vai ser totalmente gratuíto”.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



