Lugo, 10 de agosto de 2013.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina 226.941 euros para que 21 concellos da provincia de Lugo desenvolvan programas contra o abandono e fracaso escolar. A Consellería financia ata nun 80% o custe das actividades que pretendan reducir estas taxas, sendo os concellos os que asumen a cantidade restante.
Os concellos que recibiron axudas da Xunta de Galicia para a redución do abandono e fracaso escolar na comarca neste 2013 foron: Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, O Vicedo e Viveiro. Ademais, no resto da provincia de Lugo, tamén percibiron estas axudas os municipios de: Abadín, Antas de Ulla, Castroverde, Chantada, Corgo, Guitiriz, Láncara, Meira, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín, Sarria, Taboada, Vilalba e Xermade.
A nivel autonómico, Cultura e Educación inviste un total de 1.697.517 euros para que 144 concellos de toda Galicia desenvolvan estes programas. Grazas a estas axudas, máis de 50.000 escolares galegos beneficiaranse dun programa que inclúe 554 actividades diferentes de apoio e reforzo educativo. Neste ano 2013 destínanse 339.482 euros máis que o ano anterior (un incremento superior ao 24%) conseguindo beneficiar en toda Galicia a 10.000 alumnos e a 12 concellos máis que en 2012.
Segundo a orden de axudas, as actividades van destinadas ao alumnado de terceiro e cuarto de educación secundaria ou de programas de cualificación profesional inicial (PCPI) en risco de exclusión social, aquel que presenta altos índices de absentismo ou o que ten un elevado fracaso escolar. Ademais, tamén van dirixidas a mozos e mozas de entre 16 e 24 anos que abandonaron o sistema educativo sen acadar a titulación de graduado en educación secundaria obrigatoria ou superior.
Obxectivos das axudas
A finalidade deste programa e propiciar que o alumnado que abandonou o sistema educativo poida continuar estudos de Bacharelato ou de Formación Profesional de Grao Medio; atender aos alumnos con menor motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e intereses, coa finalidade de diminuír o risco de abandono ou desinterese e de prepararse para as probas de graduado en ESO.
Asemade, trata de mellorar a adquisición das competencias básicas no alumnado en risco de abandono escolar; favorecer a atención educativa dos colectivos máis vulnerables, como o alumnado inmigrante ou o alumnado en risco de exclusión social; e impulsar a coordinación entre organizacións e institucións do contorno para diminuír a taxa de abandono.
Actividades a subvencionar
Esta orde de axudas subvenciona todos aqueles que contemplen algunha destas actividades: creación de puntos de información e asesoramento educativo a nivel municipal; establecemento de talleres de recuperación do alumnado de secundaria que presenta malos resultados académicos ou desmotivación para o estudo; habilitación de aulas de preparación de probas libres de Graduado en educación secundaria ou de probas de acceso a ciclos de Formación Profesional; creación de escolas de familias con alumnado en risco de abandono ou de exclusión social; e desenvolvemento de actividades de formación non regulada que favorezan a reincorporación de mozos e mozas ao sistema educativo.
Así mesmo están incluídos os programas específicos de formación profesional para zonas e colectivos que presentan alta taxa de abandono coa formación necesaria para obter unha cualificación profesional de nivel un do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais, e que poderán incorporar módulos apropiados para a adaptación ás necesidades específicas do colectivo beneficiario que facilite a reincorporación ao sistema educativo e a súa progresión dentro do mesmo.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



