CADERNOS DA VIAXE. Enchoupados nesta Grande Recesión e enleados na gravísima crise institucional do Estado, ao noso País non lle queda moito tempo para enfrontar os reptos fundamentais do seu futuro, que poden ser as únicas oportunidades reais de atoparmos un lugar na especialización internacional do traballo e abrir unha vía a uin crecemento equilibrado e sostíbel. Reptos todos eles onde a dependencia política e social de Galicia a respecto do Estado amosouse inconveniente ao longo dos nosos máis de trinta anos de limitada autonomía política.
Esencial para o noso futuro é por en valor o noso sistema portuario. Porque, a dous anos da apertura da nova Canle de Panamá, Galicia pode ser un grande hub para as mercadorías europeas. Compre asumirmos plenas competencias normativas, tarifarias e de xestión. O mesmo ca no aeroportos, onde precisamos rachar a ineficiencia de AENA e construirmos un sistema aeroportuario galego autónomo e descentralizado, que atenda basicamente á promoción dun turismo intenso, mais de calidade contrastada.
Na promoción dos nosos principais sectores económicos, compre unha fonda reforma da ordenación territorial e a potenciación do crédito e das políticas de inovación para reestruturar e relanzar os nosos sectores estratéxicos : enerxético, mar-industria e construción naval, monte-industria, producións agroalimentaria de calidade, tecnoloxías da información e comunicación, industrias audiovisuais…A reapertura do crédito empresarial pasaría, dende logo, pola subsistencia como marca e estrutura propia de Nova Galicia Banco, mais esixirá, asemade, unha potente Axencia financeira pública. E a aposta do I máis D máis i é fulcral: Galicia non pode permitir que os recurtes anulen a capacidade de xeración de conhecemento e riqueza da súa Universidade e da súa industria.
É evidente que estes reptos precisan da operatividade dun autogoberno moito máis amplo. No proceso constituínte que, máis cedo ca tarde, se vai abrir no Estado, Galicia ha decidir ser moito máis autónoma e gobernar o seu propio futuro. Non hai outro xeito para enfrontarmos estes reptos e sobrevivir neste mundo tan complexo, porque a dependencia demostrou abondo onde nos leva.
Xoán Antón Pérez-Lema


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



