A Directiva “Fraga das Saímas” comunica ás súas socias, veciños e amigos do colectivo de mulleres de Santo André de Boimente que acaba de abrirse o prazo para matricularse no CURSO DE INTRODUCIÓN Á INFORMÁTICA E INTERNET. Esta edición comezará o luns 9 de setembro no Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente e será impartido pola Técnica especialista en informática de Xestión, Natalia González. Para apuntarse pódese chamar á Presidenta, Flor Chao, ao teléfono 669 250 948.






















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



