RIBADEO .- O grupo de goberno do concello de Ribadeo, formado por catro edís do BNG, aprobou co apoio do grupo municipal do PP o presuposto do ano 2.008, que ascende a 9.9 millóns de euros. Os outros grupos municipais, PSOE e UPRI, abstivéronse.
O presuposto aprobado e o máis elevado da historia de Ribadeo e destina máis de 1,8 millóns de euros a inversións e o 40 por cento do orzamento e para gastos de persoal.
Nota de Prensa
SATISFACCIÓN DO EQUIPO DE GOBERNO TRAS A APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS PARA ESTE 2008 QUE ASCENDEN A 9,9 MILLÓNS DE EUROS.
Ribadeo, 27 de agosto de 2008. O equipo de goberno do BNG amósase satisfeito tras a aprobación inicial dos orzamentos municipais para este 2008, cos seus votos e os do PP. PSOE e UPRI abstivéronse. O edil de Economía, Vicente Castro, asegura que <coa aprobación do orzamento damos un gran paso adiante polo que supón darlle cobertura a unha serie de investimentos que son importantes para Ribadeo xa que contan con financiamento de outras institucións e corrían o risco de perderse>.
Castro engade que <dende o grupo de goberno demos a oportunidade aos demais grupos a facer aportacións e a participar na elaboración do presuposto. Aínda que se aproba con un gran parte do ano xa avanzada, nel xa desde principio de 2008 foron participando todos os grupos, porque se levaron a plenos e xuntas de goberno temas e investimentos que todos decidiron. Dende ese momento supón participación dos demais grupos porque están decidindo aportación de fondos do Concello para distintas inversións que hai que recoller no orzamento. Nós demos a oportunidade aos demais grupos a facer aportacións nunha primeira comisión; algúns deles fixéronas, uns máis que outros, i é de agradecer algunhas das aportacións feitas porque son positivas. Así seguiremos facendo en vindeiros exercicios>.
O concelleiro delegado de economía agradece <a todos os grupos, evidentemente a uns máis que a outros, a sua postura á hora de facilitar que estes orzamentos saíran adiante polo que supón para este exercicio e para Ribadeo>.
Compromiso do alcalde
Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora se xeito positivo que <o orzamento fose amplamente aprobado onte. Recalcar que este presuposto ten que asumir un remanente negativo do ano 2006 duns 660.000 euros e ten que resolver unha serie de malas contabilidades de anos anteriores, pero o máis importante e que ten que dar cabida a importantes inversións con outras administracións pero nas que o Concello de Ribadeo ten que poñer unha parte menor pero importante para que puideran ir adiante unha serie de obras desde o punto de vista das infraectructuras moi importante: obras no casco vello, obras na rúa Calvo Sotelo e noutros puntos do Concello, así coma a renovación de maquinaria e instrumentos de traballo e de seguridade pública moi importantes coma o novo camión da recollida do lixo, o novo camión de incendios co que imos ser un referente na Mariña e o novo vehículo para a policía local. Por decir unha síntese moi pequena de todas as virtudes que ten este presuposto>.
Fernando Suárez engade que <o goberno municipal de Ribadeo que formamos catro persoas, como sabemos cales son precisamente os nosos límites e ata onde podemos chegar e a onde non, o que facemos é dialogar con todo o mundo. Eu pendo que é a primeira vez na historia na que fixemos dúas comisións informativas previas ao pleno. Outra cousa é que haxa determinados grupos que vaian alí, non abran a boca en absoluto e logo digan que non empregamos o método axeitado, que non dialogamos e non falamos; eso é unha absoluta mentira. Estamos xa un pouco fartos de determinados tópicos porque dous non falan si un non quere. O goberno municipal de Ribadeo sabe que debe falar con todo o mundo. Unha cousa é falar e outra chegar a acordos. Si chegamos a acordos é porque alguén enriba da mesa con luz e taquígrafos, no marco dunha comisión informativa no Concello e non na barra dun bar, fan propostas que nos decidimos estimar nunha parte moi importante e outras que non se puideron asumir, o que serviu para que o orzamento municipal de 2008 saise adiante>.
O alcalde anunciou que a partires de agora <hai que velar para que os compromisos de inversión de vaian cumprindo no que queda de ano. Ademáis adquiro o compromiso de que o presuposto de 2009 debe ser aprobado con moita máis antelación que este, a ver si somos capaces de chegar a un acordo para aprobalo no primeiro trimestre do vindeiro ano>.
O orzamento de ingresos do Concello de Ribadeo para este 2.008 é de 9,9 millóns de euros e o de gastos é de 9,3 millóns de euros. Aparece un superávit de 660.000 euros para facer fronte ao remanente negativo das contas do ano 2006. Trátase do orzamento máis elevado da historia de Ribadeo. A inversión destínase máis de 1,8 millóns de euros, e a gastos de persoal o 40% do orzamento


















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



