“Dende o Partido Popular de Viveiro queremos manifestar a nosa preocupación pola perigosidade que supón o feito de que se manteñan na Praza Maior as gradas e o escenario utilizados para diversos actos das festas de agosto”, critica o viceportavoz do GMPP de Viveiro, Jaime de Olano.
Ademais, continúa dicindo que “pasaron xa 15 días dende que se celebrou o último acto na praza en que se utilizou tanto o escenario como as gradas e incomprensiblemente ahí continúan. Descoñecemos o motivo polo que a día de hoxe non se retiraron aínda –desidia, falta de pago ao propietario,…- pero o que sí sabemos é que en nada beneficia ao pobo e todo son inconvenientes: trátase sen dúbida dun nicho de porquería, priva aos veciños do disfrute da maior parte da praza, supón unha incomodidade para acceder ás dependencias municipais, evita a entrada de luz natural ás oficinas (co conseguinte gasto en luz eléctrica) e, sobre todo e o máis importante, supón un verdadeiro perigo para os nenos que a diario empregan a praza como zona de esparcemento. Parece mentira que o alcalde, a alcaldesa en funcións ou o concelleiro de festas non sexan conscientes deste perigo, sobre todo tendo en conta que non fai moito tempo unha menor sufriu un grave accidente por caída dende o alto das gradas. Esperemos que nesta ocasión non esperen a que se repita a historia e se produza outro desgraciado accidente para retiralos, xa que non cabe dúbida que a mellor maneira de evitalo é facer desaparecer o perigo e calquera medianamente responsable retiraría xa tanto o palco como as gradas da nosa Praza Maior”.
De Olano, conclúe con outra orde de cousas nas que “solicitamos publicamente aos responsables do goberno municipal, que algún debería haber, que coloquen correctamente a bandeira española que ondea na fachada de concello antigo na Praza Maior, xa que dende o día do izado de bandeiras, o pasado 14 de agosto, a mesma continúa colocada ao revés, co escudo cara abaixo. Descoñecemos se non se fixeron ata agora por falta de persoal como suelen argumentar dende o equipo de goberno ou por descoñecemento, pero non cabe dúbida que a imaxe non é a mellor para unha administración pública e a súa solución parece sinxela”.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



