San Cibrao, 5 de setembro de 2013.- Dirixentes do Partido Popular de Lugo encabezados polo seu presidente e portavoz no Senado, Xosé Manuel Barreiro, mantiveron hoxe unha reunión co director da factoría de Alcoa, Rubén Bartolomé para dar conta dun novo e importante avance para o gasoduto da Mariña lucense. Na xuntanza participaron, ademais do número un dos populares lucenses, Xosé Manuel Barreiro, o secretario xeral, José Manuel Balseiro, o vicesecretario, Ramón Carballo, o deputado nacional Jaime de Olano, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a alcaldesa en funcións de Cervo, Yolanda Pedreira.
En concreto avaliaron a decisión da Delegación do Goberno de asinar a Resolución de levantamento de actas previas á ocupación das fincas nos 65 quilómetros de trazado da nova rede gasística que percorrerá os concellos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro.
O gasoduto está chamado a ampliar a capacidade de transporte e subministro de gas natural no norte da provincia de Lugo e dar cobertura a unha poboación estimada de 55.000 veciños. Esta infraestrutura contribuirá, en palabras de Xosé Manuel Barreiro, “a mellorar o tecido industrial da comarca e proporcionar acceso ao gas a empresas e particulares”.
INVESTIMENTO MILLONARIO
Deste xeito, iníciase un procedemento administrativo de expropiación de terreos, que se efectuará polo trámite de urxencia, en atención á utilidade pública da infraestrutura a executar, e no que a Lei contempla prazos moi áxiles.
Para executar esta tan esperada rede de distribución de enerxía limpa disporase dun investimento conxunto que supera os 26,3 millóns de euros (26.391.821€). As canalizacións estarán soterradas en todo o seu percorrido, con una profundidade igual ou superior a un metro.
ALCOA
Nunha primeira valoración, Xosé Manuel Barreiro quixo salientar a decisión do Goberno central de impulsar un importante avance na tramitación deste proxecto e insistiu na utilidade do novo gasoduto para as empresas e familias da zona, para os futuros usuarios industriais e domésticos.
De feito, lembrou que uns dos principais beneficiarios da posta en marcha desta rede gasística é factoría da multinacional do aluminio ALCOA. Grazas ao gasoduto, esta empresa poderá completar o proceso de transformación das súas instalacións de fueloil a gas,o que servirá para reducir custes e emisións de gases contaminantes como o CO2.
A multinacional do aluminio é o principal motor de emprego da Mariña –con 1.150 postos de traballo directos aos que habería que sumar os indirectos- e representa o 30% do PIB do conxunto da provincia.
Barreiro tamén destacou que o gas natural supón unha ferramenta para o desenvolvemento da actividade industrial, agrícola e comercial, que fará máis eficaces, desde o punto de vista enerxético, aos axentes produtivos e promoverá unha nova dinámica industrial, á vez que achegará aos usuarios particulares unha enerxía máis barata e máis limpa.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



