A maxia de Vista Alegre pode convertelo en realidade! A incondicional afección da bomboneira, o seu apoio sen límites, será máis ca nunca o principal alento do Burela FS Pescados Rubén no partido de volta da Supercopa de España 2013. O sábado, ás 20.30 horas, o cadro que abandeira Quico Otero volverá verse as caras co Atlético de Madrid Navalcarnero, despois de caer onte en La Estación por un inxusto 5-1. “Se somos capaces de seguir xerando ocasións, perfeccionando a definición, e mitigamos o seu ataque podemos conseguilo” adiantaba o técnico laranxa, facendo un chamamento á bancada: “Sabemos que é un partido heroico, un partido difícil ante un rival de entidade, pero Vista Alegre xa viviu este resultado a favor ante o Navalcarnero e confiamos en que coa axuda da afección pode volver facerse realidade”.
A escuadra mariñá sufriu un excesivo castigo nun encontro moi intenso no que reinou o equilibrio na pista e no luminoso, cos dous últimos minutos fatídicos para os intereses burelistas. “O noso esgotamento e o seu acerto marcaron o desenlace” asegurou o viveirense. “O partido rompeuse no minuto 38. Ata ese momento tivémolo controlado; quen dispuxo de máis ocasións e máis claras fomos nós; sobraban eses dous minutos nos que non soubemos xogar con cabeza e entregamos o encontro” reflexionaba o adestrador, que incidiu na falta de definición coma o “lastre” do Burela FS.
En Madrid, o tempo do descanso chegou co electrónico inalterable, con excelentes ocasións para as laranxas; Maite soa ante Belén e máis tarde Claudia e Lidia con lanzamentos cruzados. No regreso foi o Atlético, nun potente disparo de media distancia de Ju Delgado, o que puxo distancias, no minuto 22. O Burela FS soubo reaccionar e anotar a igualada, no 27, á saída dun saque de esquina, cun balón raso. No entanto pouco lles durou a alegría ás mariñás, que viron como o Navalcarnero volvía tomar vantaxe aos poucos segundos, transformando Fabi un penalti. Cando máis apostaban as burelás por reequilibrar a contenda, subindo a liña de presión, Natalia poñía o 3-1 (minuto 38). Na recta final, Ju Delgado anotou outros dous tantos, nunha contra e outro en superioridade numérica pola expulsión de Maite.
Venda anticipada
Dende mañá estarán á venda as entradas para o gran duelo do sábado na Tenda Laranxa (De luns a venres: 10.00-14.00//16.00-19.00). Os socios/as laranxas poderán presenciar o gran espectáculo de forma gratuíta. A entrada para NON SOCIOS ADULT@S será de 5 euros. Os menores de idade terán acceso libre.
Ficha técnica
Atlético de Madrid: Belén,Natalia, Anita Luján, Ro e Cris, cinco inicial; tamén xogaron Leti, Fabi, Rocío e Ju Delgado.
Burela FS Pescados Rubén: Patri, Lidia, Peque, Bea e Maite, cinco inicial; tamén xogaron Claudia e Lara
Goles: 1-0, minuto 22, Ju Delgado; 1-1, minuto 27, Peque; 2-1, minuto 27, Fabi; 3-1, minuto 38, Natalia; 4-1, minuto 39, Ju Delgado; 5-1, minuto 40, Ju Delgado
Árbitros: Del Olmo Martínez e Rubio González. Amarillas a Leti e Ju Delgado, por Navalcarnero, e a Lara, Bea e Maite (dobre amarela), por Burela FS



















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
