Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013.- Despois de que o Goberno galego anunciase a súa suposta pretensión de crear un “consenso sobre a lingua galega”, a maior asociación cultural de Galiza propón que “o que ten que facer a Xunta é voltar ao consenso de cumprir a Lei de normalización lingüística, o Plan xeral de normalización da lingua galega e da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias” que “escachou en anacos o Partido Popular”. Así o recordaron esta mañá en conferencia de imprensa os dirixentes da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón (presidente), Susana Méndez (vicepresidenta) e Iria Taibo (secretaria xeral), que cualificaron ironicamente esta proposta como “consenso mortal”. Ademais, recordaron que, se desde a Xunta queren falar, o que teñen que facer é responder ás “numerosas solicitudes de entrevista sen resposta que gardan nos caixóns da presidencia”.
Susana Méndez apuntou que “cada día é máis difícil vivir en galego en Galiza” e puxo como exemplos notorios algunhas das discriminacións denunciadas nas últimas semanas, como “o caso dun funcionario da Deputación da Coruña ao que lle prohiben usar o galego”, ou “a exclusión do noso idioma en eventos significativos onde non hai escusa posíbel para que non estea presente, como por exemplo nas actividades culturais ou festivas organizadas polo Concello da Coruña”. A vicepresidenta da maior asociación cultural galega tamén criticou a “nova tentativa de criminalización do movemento social en defensa da lingua galega”, a través dunha denuncia tramitada pola Delegación do Goberno contra Queremos Galego por supostos desperfectos realizados na manifestación do 17 de maio, dos cales ninguén ten constancia.
A respecto disto último, Carlos Callón lamentou que o PP utilice as institucións para converter en “sospeitosos habituais” todos os movementos “que teñan unha opinión diferente da súa”. “A denuncia contra Queremos Galego é un corta-pega da denuncia que presentaron nos mesmos días contra os movementos feministas, indicativo de que o único fin que se persegue é a criminalización”. Ademais, o presidente da Mesa sinalou que “é ben curioso que nos chegue agora unha denuncia da Delegación do Goberno por uns supostos desperfectos na manifestación do pasado Día das Letras, cando ningún, absolutamente ningún dos moitos medios de comunicación presentes na marcha viron que existira nin o máis mínimo desperfecto, o cal, se se producir, sería sempre contrario ao espírito e á vontade de Queremos Galego”.
A Mesa anuncia un novo estudo sobre a situación do galego no ensino
Os representantes da Mesa tamén chamaron a atención sobre o “enorme retroceso” que está a padecer a lingua galega no sistema educativo durante o goberno de “Atila Núñez Feijóo, que tantos dereitos está a destruír, entre eles o de podermos vivir no noso idioma no noso propio país”. Para o constataren, “e dado que a Xunta non ofreceu en ningún momento datos nin sobre o ensino en cada lingua e nin tan sequera sobre os resultados da pseudoconsulta”, A Mesa dirixirase aos centros de ensino para ter unha información sobre a presenza do galego na escola, “un estudo que queremos que sexa máis exhaustivo na educación infantil das cidades, un espazo en que o decretazo contra o noso idioma está a ser especialmente letal”.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



