Lugo, 20 de setembro de 2013.- A voceira do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, presentou este venres en rolda de prensa e acompañada dos coordinadores sectoriais do PP, unha iniciativa que defenderá na próxima sesión plenaria do ente e na que os populares piden a creación dun plan de emprego a nivel provincial.
A voceira do Grupo Provincial do PP explicou que esta moción nace co propósito de impulsar iniciativas que dean solucións ao problema do desemprego co obxecto de axudar aos veciños que están sen traballo, baseándose sempre, na garantía dos principios de libre concorrencia; e máis tendo en conta que se dispón de fondos para levalo a cabo.
A popular explicou que o seu grupo non chega a entender como o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, non chegou a poñer en marcha este plan cando dispón da dotación orzamentaria para facelo, e refiren, por exemplo, a partida Fomento para o Emprego con 4.011.942,66 euros.
Neste senso, o GPP censura que a Deputación non optimice os fondos para impulsar postos de traballo, deixando en remanentes de crédito no 2012 ( comprometidos e non comprometidos), máis de 4,7 millóns de euros destinados a crear emprego. Dunha maneira máis concreta, os populares explican que destes 4,7 millóns de euros, máis da metade (2,7 millóns); nin tan sequera se comprometeron cun terceiro para a realización do seu gasto.
Xeración de emprego estable
Elena Candia matizou que na proposta dacordo da iniciativa plenaria recóllese que este plan debe reunir dous requisitos, por un lado, o de ter vocación de continuidade no tempo e polo tanto xerar emprego estable; mentres que polo outro, a proposta deberá sustentarse nos sectores estratéxicos e con futuro da provincia.
Desta forma, dende o GPP explicaron que tentan conseguir que esta proposta de plan se centre nas verdadeiras demandas do mercado laboral e que teñan repercusión no tempo, sen repetirse circunstancias como as dadas con outros plans promovidos polo actual goberno da Deputación Provincial en épocas electorais.
De igual maneira, os populares tamén piden na súa moción a creación dunha comisión de traballo para o deseño deste plan, onde teñan presenza todos os concellos da provincia, respectando sempre o principio de autonomía local, e na que tamén participen representantes dos sectores produtivos da provincia.
Con esta proposta, os 12 deputados do PP, dunha corporación de 25, convértense nunha clara alternativa de goberno que plantexa propostas concretas e clara que dan resposta ás demandas dos veciños.
O voto en contra mostraría que as promesas quedan en papel mollado
O Grupo Provincial do Partido Popular explicou que non sería entendible o voto en contra desta moción, feito que argumentan en varios puntos. Neste senso, Elena Candia afirmou que o desemprego se converteu na principal preocupación dos cidadáns, e a tendencia a baixa no paro rexistrado débese incentivar dende as administracións públicas e crear así oportunidades nos máis de 25.000 lucenses que buscan emprego.
Así, a popular engadiu que as promesas do presidente provincial no seu discurso de investidura pasan por xerar emprego, polo que o voto en contra desta proposta só poñería de manifesto a un responsable institucional cuxos compromisos se quedan no papel, sen levar á practica.
O partidismo non beneficia aos lucenses
Mentres, lamentan dende o GPP, a Deputación de Lugo por razóns meramente políticas desaproveita oportunidades como a firma dun convenio coa Xunta de Galicia para a contratación de traballadores e traballadoras desempregadas, e que si sacaron adiante as restantes deputacións galegas.
Neste senso, os populares exemplifican outros plans promovidos por outras administracións provinciais durante o 2013, como é a caso de Pontevedra, que beneficia a 2.500 contratados e conta con investimentos de entorno aos 20 millóns de euros.



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



