O pivote laranxa Jorge Matamoros volveu amosar unha destacada participación no segundo amigable de España ante Bélxica en Ceuta. A Vermella conseguiu derrotar de novo o combinado belga (8-2), coa achega goleadora do xogador do Burela FS Pescados Rubén, autor do segundo tanto; a selección mostrouse superior e mellorou o seu xogo con respecto ao día anterior, no que se impuxo 5-2. Pecha a serie de amigables con 13 goles a favor e 4 en contra.
Ficha técnica
España: Jesús Herrero, Ortiz, Aicardo; R. Usín; Sergio (cinco inicial)Rafa; J.Ruiz; Pola; Borja; Matamoros; Raúl Campos.
Bélgica: Morant; Rahou; Rosa; Chaibai; Neukermans (cinco inicial) Dendane; Dahbi Samir; Bezerra Do Carmo; Bali; Salhi; Dahbi Reda, Benetti.
Goles: 1-0, c. Ortiz (4´); 2-0, Matamoros (4´); 2-1; Chaibai (13´); 3-1, Borja (14´); 4-1, Borja (14´); 5-1, Aicardo (26´); 6-1, Neukermans ( 28´p.p); 7-1, R. Usín (33´); 8-1, R.Usin (35); 8-2 Neukermans (36)
Árbitros: Juan José Cordero Gallardo e Manuel Linares López (C. Andaluz), T. amarela a Rahou.
Incidencias: Encontro amigable disputado o 24/09/13 no pavillón Guillermo Molina de Ceuta. Estiveron no palco, o presidente da Federación de Fútbol de Ceuta, Antonio García Gaona; o presidente da cidade autónoma de Ceuta, Juan José Vivas Lara; e o delegado do Goberno en Ceuta, Francisco Antonio González. Pavillón cheo.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
