O Burela FS Pescados Rubén B comezará a súa segunda tempada en Terceira División co desprazamento á capital galega. Medirase ao filial do Santiago Futsal este sábado, ás 18.00 horas, no pavillón municipal Santa Isabel.
A escadra laranxa afronta a nova aventura de liga con ilusión e ganas como un dos grandes proxectos formativos da estrutura mariñá. “Estou moi satisfeito co traballo e intensidade da pretempada, aínda que nos falta adquirir ritmo de competición” admitía o técnico, Iván Cao ‘Lucas’, que tamén advertiu sobre a dificultade do inicio ligueiro: “Os dous primeiros rivais, Santiago e Troula FS, son dous dos grandes favoritos; son dous equipos que nos esixirán dar o mellor de nós para sacar algo positivo” analizaba o adestrador a composteláns e betanceiros, procedentes de Segunda B e Primeira Autonómica respectivamente.
O cadro burelista 2013-14 arrincará a liga con Antón Couto, Keko, Manu Jiménez, Carlitos e Brais, coas incorporacións de Antón González e Javi Fajardo, do Superti, e Xoel Gómez, do Ventorrillo, e os xuvenís Alemán, Hélder, Miguel, Pancho, Aitor, Rubén e Erik. Bruno de Nois non poderá participar na recta inicial da competición por rotura do quinto metatarsiano.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
