Lugo, 3 de outubro de 2013. Este xoves, o nacionalista Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación, e a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, presentaron o programa de actividades didácticas dos museos da Rede para os centros escolares deste curso 2013-14.
Mario Outeiro sinalou que “a nosa proposta pasa por seguirmos apostando por un modelo didáctico que pon en valor a aprendizaxe activa e participativa para nenos e nenas. Apostamos por un deseño de actividades que formen aos rapaces e rapazas pero que tamén os fagan partícipes dos nosos recursos patrimoniais e culturais. Ademais, toda a programación completa de actividades é gratuíta para os centros escolares, que só deben poñerse en contacto previamente para concertar a visita aos museos”.
A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 3 grandes bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus estrutural:
Bloque 1. O Museo como contedor achéganos á idea de que é un museo. O museo non só como contedor de obras de arte, senón máis alá: o museo como un espazo de traballo onde ademais de conservar e expoñer o noso patrimonio, tamén se estuda, se investiga e se divulga o caudal artístico e cultural, patrimonio de todos. Construída esta idea, que se erixe como os cimentos dunha casa, o seguinte
Bloque 2: O Museo como relator de historias pretende ofrecer un catálogo aberto de visitas no que a estrutura veña marcada polo concepto de Museo como relator de historias. As obras de arte, ademais da información técnica, nárrannos e suxírennos historias infinitas segundo a persoa coa que interactúen. As pezas falan por si mesmas e todas en conxunto constitúen unha colección. Unha proposta na que o diálogo coas obras de arte e cos espazos naturais volven ser os protagonistas.
Bloque 3: O Museo como retrovisor pon a énfase no espello retrovisor como metáfora. Viaxamos polo presente avanzando cara ao futuro pero no que centramos a mirada no retrovisor que nos mostra o noso pasado cunha perspectiva arqueolóxica.
Para completar os tres bloques teóricos, na programación escolar fíxanse unha serie de obradoiros que pretenden afondar en determinados contidos, unha maneira práctica de afianzar os coñecementos. Crear experiencias motivadoras para os escolares constitúese coma a mellor maneira de desenvolver a capacidade de expresión e a creatividade no alumnado, sen esquecer o compoñente lúdico que favorece que a aprendizaxe se realice dunha maneira espontánea.
CONCURSO-REDE
Finalmente, e como unha das grandes novidades para este novo curso escolar 2013/2014, queremos presentar unha nova experiencia, o CONCURSO-REDE, que nace cun dobre obxectivo: por unha banda achegar o novo público escolar á Rede Museística e fidelizalo, así como fidelizar o xa existente. Vai dirixido a escolares de 6.º de Primaria, pertencentes a centros educativos de toda a provincia de Lugo. Para participar é necesaria a inscrición previa que se formalizará cunha visita a algún dos 4 museos da Rede.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.