Riotorto, 4 de outubro de 2013. O Concello de Riotorto asumirá o copago dos medicamentos de dispensación hospitalaria para veciños e veciñas do municipio suxeitos a tratamentos de leucemia, cancro de mama e ril, tumores cerebrais e hepatite C así como doutras patoloxías afectadas pola aprobación da resolución do Goberno do Estado do 10 de setembro e publicada no Boletín Oficial do Estado do día 18 do mesmo mes pola que fixa a obrigatoriedade da achega dos usuarios e usuarias para máis de 157 prestacións farmacolóxicas. Así o anunciou o alcalde da vila, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, quen tildou a súa decisión de medida “necesaria e xusta fronte á discriminación acometida polo Partido Popular cara persoas vulnerábeis. O que buscamos desde o Concello de Riotorto con esta decisión é evitar que moitos pacientes abandonen o seu tratamento por razón económicas.”
Segundo explicou Gutiérrez Estoa “o obxectivo é que ningún veciño ou veciña da vila quede sen o tratamento axeitado por cuestión de cartos. Entendemos que un alcalde debe estar para máis cousas que bachear camiños e estradas e colocar farolas e por iso queremos garantir a universalidade ao acceso aos servizos de saúde. Se o Goberno central non está disposto a derrogar dita resolución discriminatoria, inxusta e que ataca dereitos básicos do pobo, e a Xunta de Galiza segue na súa teima de aceptar esta política e que entre en vigor a finais de ano, o Concello de Riotorto exprimirá ao máximo as arcas municipais, xa debilitadas, para garantir o acceso dos nosos veciños e veciñas aos servizos sanitarios.”
Poderán beneficiarse desta medida aquelas persoas que leven máis de 6 meses empadroados en Riotorto e, en función da renda do enfermo ou enferma, o Concello asumirá ben unha porcentaxe do copago ou o cento por cento do mesmo.
“Os nacionalistas de Riotorto – precisou o rexedor municipal- non permitiremos que a tendencia privatizadora do Partido Popular afecte á saúde dos nosos veciños e veciñas. Cobrar medicamentos como Afinitor ou Tyverd empregados en casos de cancro de mama, ou Votrient ou Temodal para o tratamento do cancro de ril e tumores cerebrais respectivamente, así como por outras mediacións contra enfermidades como a leucemia mieloide crónica, contra tumores malignos resecábeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal, a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite C crónica, así como por até 157 prestacións farmacolóxicas de pouco máis de 50 medicamentos prescritos para casos de enfermidades consideradas graves ou crónicas e limitados a pacientes ambulatorios das farmacias hospitalarias, supón cruzar todas as liñas vermellas da sanidade e da política en xeral.”
Desde Riotorto lamentan que “as decisións que o Partido Popular está aprobando en materia sanitaria vaian máis aló de consideracións ideolóxicas e sobrepasen a fronteira da ética e da moral. Os populares queren facer da sanidade pública un artículo de luxo digno só para os petos máis abundantes; non entenden que o dereito á sanidade pública e gratuíta non admite discriminacións nin pode ser unha moda nin algo pasaxeiro. Tras estes medicamentos polos que os gobernos estatal e galego pretenden cobrar hai milleiros de historias terribles e o único que fan con este tipo de políticas é situalas ao borde da exclusión sanitaria e social, xa que moitos dos afectados e afectadas teñen xa unha situación económica mermada pola súa enfermidade.”
Federico Gutiérrez Estoa anima a todos os alcades de Galiza e do resto do Estado a sumarse a esta iniciativa co fin de protexer aos seus veciños e veciñas fronte a un goberno que parece non ter límites.



















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



